Tivo lugar o venres no auditorio cruceño
Ecos da Comarca/Vila de Cruces
A Plataforma de Afectadas/os Eólicos Vila de Cruces levou a cabo unha nova reunión informativa o venres no auditorio cruceño. "Foi un éxito" indican dende o colectivo, quen informou á veciñanza de que "un Concello, a pesar de ser proxectos supramunicipais, dispón de moitas maneiras de impedir ou obstaculizar a súa implantación".
Constataron "a pérdida de terreo útil, danos nas augas, pérdida da PAC, masa forestal e un forte impacto que repercutiría negativamente na zona, causando un forte despoboamento", incide a plataforma.
No encontro participaron, xunto a membros da plataforma, Fins Eirexas, secretario técnico de Adega, e Manuel Dacal.
A reunión do pasado venres.
Comments