top of page
Foto del escritorecosdacomarca

Vila de Cruces leva hoxe a pleno a modificación da Relación de Postos de Traballo

O goberno local sinala que servirá par “actualizar, racionalizar e dar cobertura ás necesidades reais e apremiantes” do municipio


Ecos da Comarca/Vila de Cruces

O Concello de Vila de Cruces celebra hoxe un pleno extraordinario para a aprobación do expediente da Relación de Postos de Traballo (RPT). O goberno municipal explica que, a consecuencia de varias xubilacións que se produciron no cadro de persoal do Concello, aproveitarase a oportunidade de “actualizar, racionalizar e dar cobertura ás necesidades reais e apremiantes de Cruces”, ademais de verse obrigado a reforzar a área de Urbanismo.

Ante a xubilación da persoa a cargo de Protección Civil e doutro traballador municipal que exercía de conserxe, o goberno de Cruces ve fundamental unha reorganización do catálogo de postos de traballo, sendo necesario o reforzo en Vías e Obras, “un servizo

verdadeiramente demandado pola veciñanza que precisa de máis efectivos para poder

dar cobertura á dispersión xeográfica”.


Ademais, explica que o servizo de Vías e Obras conta actualmente con sete operarios que teñen que realizar o mantemento dos 150 quilómetros cadrados do concello, realizando tarefas de desbroce, recollida de árbores, barrancos ou limpeza de cunetas e obras de paso (taxeas), labores que realizan dous ou tres operarios por xornada con dous tractores de desbroce que percorren as 28 parroquias do concello. O servizo viuse reforzado recentemente con dúas novas furgonetas, uns vehículos que terán un uso diario percorrendo as parroquias e realizando labores de desbroce e actuacións no marco da protección ambiental. Tamén Vías e Obras encárgase da recollida de lixo urbana e rural, coa limpeza a pé polas rúas de Cruces e con dous camións de recollida.


Publicidade

Por outra parte, a praza de Urbanismo, destinada orixinalmente a un técnico medio, estivo ata o de agora ocupada pola arquitecta Alba López Barreiro, un posto que foi recorrido

polo Colexio Oficial de Arquitectura Técnica. Ante esta situación, o goberno municipal

convoca unha praza de técnico superior para que un arquitecto realice funcións no

departamento de Urbanismo, un profesional con competencias e atribucións amplas que

darán cobertura a calquera intervención urbanística que se poida executar no concello de

Cruces.


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page