Ecos da Comarca/Xeral
Este sábado conmemourse o Día dos Usuarios das Bibliotecas e un grupo de veciños concentráronse diante da de Palas para esixir que se abra. "Hoxe conmemórase o día dos usuarios de bibliotecas pero en Palas non temos nada que celebrar", sinalan.
Publicidade
Indican que no Centro Comarcal de Palas de Rei leva case un ano un cartel que anuncia: "ADECUACIÓN DE LOCAL PARA BIBLIOTECA E AULA DE INFORMÁTICA" "e xa van máis de dous anos que o noso Concello carece de Biblioteca pública". "En pleno Continente Europeo, no chamado primeiro mundo, no século XXI, no ano 2025, un Concello de máis de tres mil habitantes que non ten Biblioteca Pública, ... por que?", pregúntase.
Comments