Ecos da Comarca/Xeral
Esta mañá orixinouse un incendio no garaxe dun edificio de cinco plantas na Avenida da Mahía, Bertamiráns (Ames), onde varios vehículos resultaron afectados, tal e como informa a Garda Civil da Coruña. Ademais, sinala que ante a situación de emerxencia, cinco portais do edificio, desaloxando a 120 persoas, incluidas cinco con mobilidade reducida.
Pouco despois das 8:00 horas desta mañá, un particular empregou o número único de emerxencias para informar dun incendio dentro dun garaxe na Avenida da Mahía, na parroquia de Ortoño. O alertador indicou que estaba a arder un coche, a carón de máis vehículos, tal e com inda o 112 Galicia.
A Garda Civil, xunto con catro camións de bomberos de Boiro e efectivos do GES de Brión, coordinou os labores de seguridade e evacuación. O Equipo de Policía Xudicial de Santiago encárgase da inspección ocular no lugar para determinar as causas do lume.
Publicidade
"Afortunadamente, non houbo que lamentar vítimas e os veciños xa puideron volver aos seus fogares", sinala a Garda Civil que agradece a colaboración cidadá.
Publicidade
Tal e como informa o gabinete de prensa do Consorcio Contraincendios e Salvamento da Coruña o "incendio calcinou por completo dous vehículos e afectou a estrutura do forxado da planta -1. O fume ocasionado tamén provocou danos".
Comentarios