Familiares e amigos xuntaron esta cantidade no casamento da lalinense Ana Agra e do estradense Rubén Ferrín
Laura Moure/Lalín
Como marca a tradición, en toda a voda non pode faltar o arroz ao saír da igrexa. Pero co que non se esperaban uns noivos que se casaron o pasado sábado en Deza, era da cantidade que ían recibir! O atrio da igrexa lalinense de Galegos quedou cuberto de arroz, xa que foron case 200 quilos os que xuntaron familiares e amigos!!! Estamos a falar da casamento da lalinense Ana Agra e do estradense Rubén Ferrín.
"Por suposto, nós contabamos con algo de arroz, pero nada con esa cantidade. De feito, cando entrei na igrexa non vin nada raro e tampouco me atopei en días previos con ninguén comprando arroz, polo que foi unha sorpresa total", confesounos hoxe a ECOS DA COMARCA Ana Agra.
Publicidade
Cóntanos que por parte súa xuntaron uns 100 quilos e pola banda, do seu xa marido, uns 80 e ante a enorme cantidade foron transportados en carretillas, tal e como se pode ver no vídeo:
Os noivos indican que lles gustou a idea porque consideran que a unha voda vaise a facer festa e a pasalo ben, aínda que ela recoñece que case non daba andado co vestido, porque sempre e máis neste caso, máis dun grao se cola ao interior.
Publicidade
Así mesmo, apunta que eles coa axuda de familiares xa foron a limpalo todo. "E queremos dicir que o arroz se lle deu aos animais", recalca Agra.
Comments