top of page

Unha saída de vía en Santiago obriga a excarcerar a unha persoa

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Xeral

Unha saída de vía en Santiago obriga a excarcerar a unha persoa, tal e como informa o 112 Galicia.


Un accidente de tráfico rexistrado esta madrugada na SC-20, á altura do quilómetro 2, ao seu paso pola parroquia de San Lázaro, en Santiago de Compostela, obrigou á intervención dos servizos de emerxencia para liberar a unha persoa atrapada no vehículo.

O aviso chegou á Central de Emerxencias 112 Galicia ás 00:25 horas a través do sistema de emerxencia eCall do propio coche. Mediante esta tecnoloxía, os operadores puideron contactar co condutor, que informou de que acababa de sufrir unha saída de vía. Explicou que lograra saír polos seus propios medios, pero que o seu acompañante permanecía atrapado no interior, xa que o vehículo estaba inestable e medio colgando. Ademais, solicitaba asistencia sanitaria.



Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Ante a situación, o 112 Galicia mobilizou de inmediato aos Bombeiros de Santiago, que tiveron que empregar material de excarceración para liberar á persoa atrapada. Neste operativo tamén foron informados o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que se encargou da atención ao ferido, así como o GES da Estrada, a Policía Local e Protección Civil.




 
 

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page