top of page
Foto del escritorLaura Moure

Unha representación da veciñanza de Niedereschach visita Arzúa un ano máis

O alcade de Arzúa, Xoán Xesús Carril, deu a benvida ás e aos visitantes e destacou que “debemos seguir cultivando con agarimo esta irmandade"


Laura Moure/Arzúa

O alcalde de Arzúa, Xoán Xesús Carril, recibiu na tarde do pasado xoves á delegación procedente de Niedereschach (Alemaña). Acompañado de membros da corporación municipal, Xoán Xesús Carril deu unha calorosa benvida á decena de persoas que, un ano máis, pasarán uns días en Arzúa con motivo da irmandade que o este Concello mantén co Concello alemán.

As veciñas e veciños de Niedereschach pasarán en Arzúa os próximos catro días, para os cales o Concello ten programado un completo plan de actividades. Así, onte, venres, 15 de setembro, fixeron a última etapa do Camiño de Santiago desde O Pedrouzo, para logo gozar de tempo de lecer na cidade de Santiago de Compostela.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Xa o sábado, 16 de setembro, as e os veciños de Niedereschach coñecerán a beleza da Ribeira Sacra, coñecendo Belesar e visitando a Adega “Vía Romana”. O domingo poderán coñecer a cidade de Lugo e o seu imporante pasado romano, cunha visita ao Museo Provincial e á Domus do Mitreo, ademais de pasear polas súas rúas e desfrutar, tamén, das vistas da imponente Muralla romana lucense, Patrimonio da Humanidade.


Xa para rematar, na mañá do luns, 18 de setembro, terá lugar unha ofrenda floral no cemiterio arzuán e a despedida oficial na Casa do Concello.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O acalde de Arzúa agradeceu á Asociación de amigos de Niedereschach o seu labor e destacou “os importantes lazos que nos unen” e sinlou que “debemos seguir cultivando con agarimo esta irmandade, o mesmo agarimo co que fai máis de sesenta anos Niedereschach acolleu a tantas e tantos veciños nosos que tiveron que se viron forzados a emigrar na búsqueda dun futuro mellor”.


0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page