Foto de arquivo.
Laura Moure/Lalín
Sobre as 13:30 horas deste mediodía un particular alertou ao 112 Galicia para informar dun incendio nunha cociña, no lugar de Carretera, na parroquia lalinense de Vilatuxe. Solicitaba ademais asistencia sanitaria para o arrendatario, posto que sufrira feridas mentres trataba de extinguir o lume.
O incendio orixinouse ao tratar de prender unha cociña de leña, segundo como indicaron os bombeiros, e foi apagado polos mesmos particulares que se encontraban no lugar. Ardeu parte da cociña resultando afectada toda a estancia.
Con todo, desde o 112 Galicia informouse ao Servicio de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos bomberos do Parque Intercomarcal de Silleda, a Garda Civil, a Policía Local e aos membros do GES da localidade.
Unha vez no lugar, os bombeiros confirmaron que o incendio xa fora apagado polos particulares e que a persoa que resultara ferida, que aínda que non parecía revestir gravedade, fora trasladada polos servizos sanitarios ao centro de saúde da localidade.
Comments