top of page
Foto del escritorecosdacomarca

Unha persoa falecida e dúas feridas a causa dun turismo que ía en sentido contrario na autovía do Salnés

Ecos da Comarca/Xeral

Foto de arquivo.

Unha persoa faleceu e outras dúas resultaron feridas a causa dun choque frontal en Meis. Un dos vehículos circulaba en sentido contrario, tal e como informa o 112 Galicia. Así o confirmaron os axentes da Garda Civil de Tráfico a través do 112 Galicia: tratábase do mesmo coche que un pouco antes viuse acceder á Autovía do Salnés por Barro e dirixíase cara Sanxenxo polos carrís en sentido Pontevedra.


Dúas chamadas, a do vehículo que circulaba en sentido contrario e a do accidente, que se efectuaron ao 112 Galicia con escasos minutos de diferencia, arredor das 10:20 horas de hoxe.


Publicidade

Preme na imaxe para inscribirte e obter máis información.

Efectivamente, ese coche que ía en sentido contrario bateu contra outro ao paso por Meis, e as persoas que ían no interior quedaron atrapadas. Na súa liberación traballaron os Bombeiros de Ribadumia e Vilagarcía, aínda que, finalmente, unha das persoas faleceu e a outra resultou ferida. Tamén resultou ferida a persoa que circulaba no outro coche implicado: era o único ocupante.


Publicidade

Preme na imaxe se queres saber máis deste evento.

En definitiva, unha persoa falecida e dúas feridas por mor dun turismo que ía en sentido contrario pola Autovía do Salnés.


Ademais dos efectivos de salvamento, neste operativo colaboraron os voluntarios de Protección Civil de Meis e os axentes da Garda Civil de Tráfico, quen realizaron as investigacións necesarias para determinar que se trataba do mesmo vehículo que pouco antes viuse entrar en sentido contrario á autovía.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Por último, cómpre salientar a intervención do persoal de limpeza e mantemento da Axencia Galega de Infraestructuras para a retirada dos restos de accidente e o restablecemento das condicións de seguridade na vía.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page