Ecos da Comarca/Xeral
Os profesionais sanitarios nada puideron facer pola súa vida.
Pasadas 7:30 horas, o 112 Galicia tivo constancia do accidente a través do aviso de Urxencias Sanitarias de Galicia-061: unha persoa acababa de ser atropelada en Árbol, á altura do quilómetro 8 da LU-120. Nese momento, os alertadores explicaron que a situación semellaba especialmente grave.
De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a acción da Garda Civil de Tráfico e dos servizos de mantemento da estrada.
Publicidade
Cando chegaron ao lugar, os servizos sanitarios confirmaron o falecemento da persoa.
Comments