top of page
Foto del escritorecosdacomarca

Unha muller foi trasladada despois de rexistrarse un incendio nunha habitación dunha vivenda en Mesía

Ecos da Comarca/Xeral

Unha muller foi trasladada este sábado despois de rexistrarse un incendio nunha habitación dunha vivenda en Mesía, tal e como informa o 112 Galicia.

Foto de arquivo.

O lume calcinou a cama, uns colchóns e algo de roupa e foi apagado entre os particulares e o GES de Curtis. A muller sería evacuada en ambulancia polo estado de nerviosismo que presentaba.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Foi un particular quen, contra as 16:20 horas, contactou co 112 Galicia e explicou que ardía a cama dunha habitación nunha vivenda situada no lugar da Cabra, en Cumbraos.

Cando chegaron ao lugar, os Bombeiros de Ordes comprobaron que o lume xa estaba apagado: os particulares que estaban na vivenda empregaran previamente un extintor e os efectivos do GES de Curtis acabaron de sufocar as chamas.


Ademais dos equipos de extinción, tamén se presentaron no lugar o persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a bordo dunha ambulancia, e os axentes da Garda Civil.




0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page