Unha muller ferida tras caer ao interior dun lavadoiro
- ecosdacomarca
- hace 3 días
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Xeral
Unha muller caeu no interior dun lavadoiro en Baltar. A ferida foi conducida ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHOU) debido ás lesións provocadas pola caída, tal e como informa o 112 Galicia.

O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso preto das 19 horas deste martes mediante un aviso de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Segundo explicaron membros do servizo, a muller estaba xa fóra da pía, pero necesitaba asistencia médica. De feito, estaba en camiño unha dotación a bordo do helicóptero medicalizado con base en Ourense.
Publicidade
Ademais, desde o 112, solicitouse a intervención dos axentes da Garda Civil de Tráfico, que comprobaron a secuencia dos feitos e confirmaron que a señora ía ser trasladada, finalmente, en ambulancia.
Publicidade
Cómpre sinalar que o accidente produciuse nun lavadoiro situado na Rúa Outeiriño, en Baltar.
Comments