Ecos da Comarca/Xeral
Unha muller tivo que ser excarcerada tras envorcar co seu vehículo no Carballiño. Aínda que nun principio a persoa dixo non estar ferida, finalmente foi evacuada polos servizos sanitarios.
A propia condutora implicada chamou ao 112 Galicia dez minutos antes das 9 horas para relatar o accidente: cruzóuselle un animal por diante do coche cando circulaba pola rúa de Serra Martiñá. A implicada tivo que dar un golpe de volante e acabou envorcando, sendo incapaz de saír do coche.
Unha vez no lugar, os membros de Protección Civil do Carballiño empregaron o seu material de excarceración para liberar á muller a través do maleteiro do vehículo.
Publicidade
No operativo tamén participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros e a Policía Local do Carballiño
Commentaires