top of page

Unha alumna do IES de Monterroso recibe o premio extraordinario de ESO do curso 2022/23 da Xunta

Falamos de Shaila Castrelo Vázquez que obten esta distinción xunto a outros 19 estudantes de toda Galicia


Laura Moure/Monterroso



A Xunta vén de recoñecer o traballo de 20 estudantes de centros educativos galegos cos Premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico correspondentes ao curso 2022/2023, entre eles unha alumna do IES de Monterroso, Shaila Castrelo Vázquez.


Publicidade

O listado de premiados, a razón de oito de centros da provincia da Coruña, sete de Pontevedra, tres de Ourense e dous de Lugo, pode consultarse no Portal Educativo, que publica a resolución destes galardóns co obxectivo de dar visibilidade ao esforzo e dedicación do alumnado que cursou esta etapa educativa cun excelente aproveitamento.


A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidade dota cada un destes premios cun galardón de 1.000 euros. Ademais, cada persoa galardoada recibirá un diploma acreditativo e a distinción será anotada no seu expediente académico.


Publicidade

Os premios son compatibles, así mesmo, con calquera outro tipo de premios, bolsas ou axudas concedidos por algunha administración pública competente ou calquera ente público ou privado, nacional, da Unión Europea ou organismos internacionais.

Puido acceder a esta convocatoria o alumnado que cursase o pasado ano académico 4º de ESO e que obtivese no conxunto da etapa unha nota media igual ou superior a nove puntos. Os presentados deberon, así mesmo, realizar unha proba específica.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page