Ecos da Comarca/Melide/Arzúa
Como xa adiantamos onte pola noite, este martes orixinouse un accidente mortal no Barreiro en Melide. Tal e como informa o 112 Galicia tratouse dunha colisión entre dous vehículos.
Publicidade
O suceso ocorreu no quilómetro 53 da N-547, no Barreiro. O persoal sanitario non puido facer nada pola vida dun dos implicados, mentres que os efectivos dos GES liberaron a un ferido que foi evacuado en ambulancia ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago.
O aviso chegou ao 112 Galicia a través do persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, contra as 21:30 horas. Pouco despois, os voluntarios de Protección Civil de Melide chamaban desde o punto e xa apuntaban á posibilidade de que unha persoa estivese falecida.
Publicidade
Ao mesmo tempo, os membros dos GES de Monterroso e de Curtis desprazáronse ata o lugar e actuaron para liberar a unha persoa ferida, que foi evacuada ao hospital compostelán. Cabe mencionar que onte na provincia da Coruña había catro parques de bombeiros pechados, entre eles o de Arzúa, que é o que da servizo a esta zona.
Publicidade
O falecido é un home de 70 anos da parroquia arzuá de Boente.
D.E.P.
NOTICIAS RELACIONADAS:
Anuncio do accidente onte pola noite: https://www.ecosdacomarca.com/post/unha-persoa-perde-a-vida-nunha-colisi%C3%B3n-entre-dous-veh%C3%ADculos-en-melide
Noticia sobre o peche do parque de Bombeiros de Arzúa: https://www.ecosdacomarca.com/post/o-parque-de-bombeiros-de-arz%C3%BAa-continuar%C3%A1-cerrado-hoxe-martes-26-por-segundo-d%C3%ADa-consecutivo
Comments