top of page
Foto del escritorLaura Moure

Un lalinense que volve ao culturismo tras ser exemplo de superación

José Ramón Riádigos participará este sábado no Campionato Galego de Culturismo 2022 tras detectarlle unha patoloxía cardíaca


Laura Moure/Lalín

O lalinense José Ramón Riádigos volverá mañá, sábado 30 de abril, á competición coa disputa do Campionato Galego de Culturismo 2022 que terá lugar no Auditorio Municipal de Vilalba. O culturista dezá regresa tras disputar en 2015 a súa última proba e faino como exemplo de superación tras un duro problema de saúde.


"Decidín competir de novo máis que nada por un reto persoal. Sufrín unha patoloxía de corazón, que é a morte súbita, que me detectaron no 2018, e tiveron que implantarme un desfribilador. E isto impediume volver ao gimnasio, a facer deporte, así un pouco extremo. Foron momento moi duros, pero co paso do tempo funme sentindo mellor e puiden retomar a actividade deportiva. Así que a base de insistir e de disciplina e de verme ben, decidín animarme porque a min o culturismo gústame moito. Falei cos cardiólogos e dixéronme que podía retomar as pesas, pero con moito coidado", conta Riádigos. Un ano despois aproximadamente, decidiu competir e así cumprir un soño. "Xamais pensei volver a subir a unha tarima tendo a patoloxía que teño", confesa. Por iso, o lalinense incide na importancia de continuar para diante e de que con constancia e motivación se pode chegar moi lonxe. "Non vou a competir en plan para gañar un campionato ou a competir con outra xente ca que non estou ao seu nivel, porque non adestro como debería para superala, senón que é por cumprir un soño de poder volver", incide.

Sen dúbida, Riádigos sente paixón polo culturismo e é algo que se nota con tan só escoitalo falar. Ademais, a raíz disto sacou o ciclo de adestrador persoal para axudar a outras persoas transmitíndolles a súa experiencia e contándolles que a pesar do "gran bache" que sufríu continúa cumprindo as súas metas.


Mañá, sábado, poderá desfrutar do Campionato Galego de Culturismo 2022 que será en Vilalba e despois asistirá á Copa Nacional o 21 de maio. Confesa que non ten nervios, como si tivo na primeira competición, e que seguir a dieta tan estricta dos últimos días está sendo o máis complicado, pero cos resultados que está logrando todo merece a pena. "Ves un corpo moi bonito, traballado e verte aí a riba é moi gratificante porque é un deporte moi duro", subliña.


Sen dúbida, todo esforzo ten recompensa e querendo todo se pode! A por todas sempre!



Hai aproximadamene un ano en ECOS DA COMARCA entrevistamos por outro motivo a este lalinense. A entrevista no enlace:

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page