top of page

Un home foi excarcerado tras saírse da vía co seu coche en Ordes

Ecos da Comarca/Xeral

Un home foi excarcerado tras saírse da vía co seu coche en Ordes. O vehículo acabou envorcado nunha finca e o ferido, único ocupante do vehículo, foi trasladado ao hospital en ambulancia.

Pasadas as 23 horas do martes, o propio implicado contactou co 112 Galicia para solicitar asistencia, xa que era incapaz de saír do coche. O accidente ocorreu no quilómetro 7 da AC-409, na parroquia de Leira (Ordes).


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

De inmediato, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Ordes e da Garda Civil de Tráfico.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Os bombeiros empregaron o seu material de excarceración para liberar ao condutor, que foi atendido no punto e posteriormente trasladado en ambulancia ao hospital.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page