Ecos da Comarca/Palas de Rei
Os membros do GES de Monterroso excarceraron aos dous ocupantes do vehículo, pai e fillo, tras quedar atrapados despois de envorcar cando circulaban pola N-547, quilómetro 27.5, á altura de Vilar de Donas, no concello lucense de Palas de Rei, tal e como informa o 112 Galicia e o propio GES.
Os dous, que resultaron feridos, tras ser liberados, foron trasladados en ambulancia ao centro hospitalario de referencia.
Publicidade
A primeira chamada de alerta chegou ao 112 Galicia sobre as dúas e media deste mediodía, a través dunha persoa particular que informaba dun coche envorcado na beiravía con dúas persoas no seu interior. Ademais da chamada doutros alertadores, tamén o mesmo implicado contactou co 112 Galicia, indicaba que el e o seu fillo, un menor, estaban atrapados no interior do coche e que estaban á altura da Cantina do Marco.
Ata o lugar acudiron decontado o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, o GES de Monterroso, os Bombeiros de Chantada, os axentes de Tráfico e os efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Palas de Rei, que nada mais chegar, confirmaron que os dous ocupantes estaban atrapados no interior do coche.
Publicidade
Tras ser liberados polos membros do GES, os dous foron evacuados en ambulancia polos profesionais sanitarios.
Comments