Ecos da Comarca/Palas de Rei
Hoxe luns produciuse un accidente de tráfico no municipio de Palas de Rei. O 112 Galicia foi alertado ás 10:38 horas. No mesmo víronse implicados dous vehículos e saldouse cunha persoa ferida.
Tal e como informa o GES de Monterroso tratouse dun accidente entre un camión e unha furgoneta e quedou ferida a persoa que viaxaba na furgoneta, pero non fixo falta excarcelala.
Publicidade
O sinistro ocorreu na N-547 á altura do quilómetro 31 ao pasar o lugar da Brea, como indica o GES. Ademais do GES, desprazáronse ao lugar Urxencias Sanitarias, a Garda Civil de Tráfico e o Servizo de Mantemento da Estrada.
Comments