top of page
Foto del escritorecosdacomarca

Un condutor resultou ferido logo de colidir o seu vehículo contra un camión en Rodeiro

ACTUALIZACIÓN: O afectado finalmente faleceu


Ecos da Comarca/Rodeiro

Un condutor resultou ferido logo de colidir o seu vehículo contra un camión en Rodeiro.

Foto de arquivo.


Tal e como informa o 112 Galicia, a persoa estaba tendida no chan coa chegada dos primeiros particulares, que indicaron que saíra despedida a consecuencia do choque. A furgoneta na que viaxaba quedou gravemente afectada.


O 112 Galicia tivo constancia deste accidente minutos antes das 8:15 horas desta mañá. O alertador explicaba que acababa de producirse unha colisión entre unha furgoneta e un camión de transporte de pedra, que naquel momento non levaba carga a bordo, no quilómetro 13 da PO-212, en Negrelos (Rodeiro). Os membros de Protección Civil de Lalín engadían que a persoa precisaba atención médica urxente.

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

De inmediato, os xestores do 112 solicitaron a colaboración de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos axentes da Garda Civil de Tráfico, de Protección Civil de Lalín e dos servizos de mantemento de estradas.


Informouse, ademais, aos Bombeiros de Silleda, ao GES de Lalín e a Protección Civil de Rodeiro. Unha vez no punto, o persoal sanitario encargouse de prestar asistencia ao ferido e da súa posterior evacuación.


ACTUALIZACIÓN: POR DESGRAZA O AFECTADO FINALMENTE FALECEU. Máis información no enlace:

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page