ACTUALIZACIÓN: O afectado finalmente faleceu
Ecos da Comarca/Rodeiro
Un condutor resultou ferido logo de colidir o seu vehículo contra un camión en Rodeiro.
Foto de arquivo.
Tal e como informa o 112 Galicia, a persoa estaba tendida no chan coa chegada dos primeiros particulares, que indicaron que saíra despedida a consecuencia do choque. A furgoneta na que viaxaba quedou gravemente afectada.
O 112 Galicia tivo constancia deste accidente minutos antes das 8:15 horas desta mañá. O alertador explicaba que acababa de producirse unha colisión entre unha furgoneta e un camión de transporte de pedra, que naquel momento non levaba carga a bordo, no quilómetro 13 da PO-212, en Negrelos (Rodeiro). Os membros de Protección Civil de Lalín engadían que a persoa precisaba atención médica urxente.
De inmediato, os xestores do 112 solicitaron a colaboración de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos axentes da Garda Civil de Tráfico, de Protección Civil de Lalín e dos servizos de mantemento de estradas.
Informouse, ademais, aos Bombeiros de Silleda, ao GES de Lalín e a Protección Civil de Rodeiro. Unha vez no punto, o persoal sanitario encargouse de prestar asistencia ao ferido e da súa posterior evacuación.
ACTUALIZACIÓN: POR DESGRAZA O AFECTADO FINALMENTE FALECEU. Máis información no enlace:
Comments