top of page

Un autobús sen freos estrelase contra a estación de Pontevedra

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Xeral

Un autobús sen freos estrelase contra a estación de Pontevedra e obriga a trasladar a unha persoa, tal e como informa o 112 Galicia.

Un autobús quedou sen freos e acabou colisionando contra as oficinas da estación da Rúa Ramón Otero Pedrayo, en A Virxe do Camiño, Pontevedra. O accidente, rexistrado ao mediodía, deixou dúas persoas feridas, aínda que só unha delas precisou ser trasladada a un centro hospitalario.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O 112 Galicia recibiu o aviso ás 12:00 horas a través da chamada dun particular, que informaba da situación e solicitaba axuda. De inmediato, desde a sala de operacións do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias, informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Pontevedra, á Policía Local e a Protección Civil.


Como consecuencia do impacto, dúas persoas resultaron feridas. Unha delas foi atendida no lugar e recibiu a alta no punto, mentres que a outra tivo que ser evacuada para recibir asistencia médica.


 
 

Komentarze


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page