Ulloa Viva recibe a unha delegación de Esquerda Unida para seguir recadando apoios contra Altri
- ecosdacomarca
- hace 2 días
- 2 Min. de lectura
Esta formación política amosou o seu compromiso de facer o posible para esixir responsabilidades por parte do goberno central así como de Europa
Ecos da Comarca/Palas de Rei

A Plataforma Ulloa Viva mantivo este sábado unha reunión con Esquerda Unida para seguir recadando apoios na loita contra o proxecto da macrocelulosa de Altri-Greenalia en Palas de Rei. Neste encontro participaron: varios membros de Esquerda Unida, entre eles Antonio Maillo (coordinador federal), e integrantes de Ulloa Viva como Zeltia Laya (coordinadora do grupo de política da Plataforma), Concha Casares (Casa Alongos), Braulio Vilariño (Directiva Plataforma) e Chus Expósito (Milhulloa).
O encontro comezou nas instalacións desta última, onde explicou a afectación do seu proxecto con máis de 25 anos de historia. Expósito sinalou “que o seu proxecto se vería totalmente destruído” ao mesmo tempo Concha Casares apuntou a necesidade de que ao coñecer o proxecto “nos tivésemos que converter á forza en activistas mediambientais”.
Publicidade
Durante a visita, a delegación de Esquerda Unida achegouse, acompañada polas integrantes de Ulloa Viva, á zona da Finca de Quintas onde Altri quere instalar a gran
fábrica de celulosa. A maiores, Zeltia Laya, voceira da Plataforma puxo en coñecemento da delegación de Esquerda Unida "os impactos que a macrocelulosa de Altri-Greenalia tería no corazón de Galicia, tanto a nivel socioeconómico, da biodiversidade, a auga, e a
contaminación, como sobre a saúde das persoas que viven na contorna polos efectos dos gases contaminantes, recoñecidos pola propia empresa". Explicándolles ao mesmo tempo todo o camiño de reivindicacións nas diferentes administracións que a Plataforma leva percorrido, anunciando tamén a intención de comezar o proceso administrativo e xudicial pertinente para parar a macrocelulosa.
Braulio Vilariño apuntou a importancia do impacto social acadado: manifestación en Palas de Rei de máis de 20.000 persoas, Arrodea a Xunta 30.000, Santiago de Compostela 100.000 e nesta última da Pobra do Caramiñal con 50.000, todo un éxito social que resposta de xeito moi claro ás declaracións feitas hai meses polo CEO de Altri, Soares Da Pina; que non se instalarían nun territorio onde non os quixeran.
Publicidade
Para rematar, tanto Antonio Maíllo (coordinador federal de IU) como Lino Costas (Coordinador de EU) amosaron o seu compromiso de facer o posible para esixir responsabilidades por parte do goberno central así como de Europa na concesión de fondos para a instalación da proxectada macrocelulosa. Pola súa banda Maíllo ve un auténtico desproposito a súa instalación e pon como exemplo outros macroproxectos
que xa se conseguiron parar como o Almacén de Gas de Doñana.
Comments