top of page

Ulloa Viva considera crucial o criterio de exclusión dos PERTE para ALTRI de cara á posible denegación doutras vías

Ecos da Comarca/Xeral

A Plataforma Ulloa Viva considera crucial o criterio de exclusión dos fondos PERTE solicitado por ALTRI - GREENFIBER de cara á posible denegación doutras vías de

financiamento europeas.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

"Despois de ter feito a análise da publicación do criterio de exclusión polo que non foi concedida a liña de axudas á descarbonización, a Plataforma Ulloa Viva quere indicar e

matizar as seguintes cuestións:

  1. "Como podemos ver no documento anexo, o proxecto Altri foi desestimado (provisionalmente) por dúas razóns. A primeira, porque xa foi directamente excluído (criterio excluínte), e non só por incumprimento de prazo de execución do proxecto se non tamén porque non cumpre coas esixencias de ser proxecto tractor respecto do consumo de combustibles fósiles (tal e como obriga o art, 10 da Orde de axudas : “Esta instalación no podrá utilizar combustibles fósiles como fuente de energía ni como materia prima en ninguno de sus procesos, excepto para el arranque de la instalación, para equipos de emergencia o similares”. En consecuencia, non é que Altri fose excluída por puntuación mínima senón que se excluíu, tamén, porque non cumpría os requisitos para ser proxecto tractor en relación co consumo de combustibles fósiles.

  2. A outra razón de ser desestimada é porque tampouco acadou a puntuación mínima do

criterio d) que é o relativo a “Emisiones de gases de efecto invernadero evitadas con respecto a las mejores técnicas disponibles en el sector y otras mejores medioambientales”, onde Altri so acadou 3 puntos, cando o mínimo esixido era de 7".

FORMATO PDF:


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

"Queremos matizar en resumo, que o proxecto Altri foi rexeitado porque non cumpría

requisitos básicos para poder ser subvencionable (consumo de produtos fósiles e exceso de prazo de execución do proxecto) e porque, ademais, non chegaba ás esixencias mínimas do criterio medio-ambiental respecto da emisión de gases de efecto invernadoiro". A Plataforma Ulloa Viva entende que esta cuestión "é determinante de cara a establecer unha posibilidade ampla na non concesión de axudas noutro tipo de vías solicitadas".

Commentaires


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page