top of page

UCIN reclama máis medios e persoal para os bombeiros de Galicia

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Xeral

Unión de Cidadáns Independentes (Ucin) reclama ás administracións implicadas, Xunta e deputacións provinciais, máis medios e persoal para os bombeiros de Galicia. Entre as peticións, están as que demandan os propios bombeiros, maior dotación de medios técnicos e de recursos humanos, así como unha mellora das condicións laborais.

foto

Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

O coordinador de UCIN en Galicia, José Luis Calo, sinala que "non entendemos porque os políticos non queren resolver o problema, neste caso o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, e o director xeral de Emerxencias, Santiago Villanueva. As malas condicións laborais, a falta de persoal e de recursos que lles fan traballar con moito máis risco, hai que darlle unha urxente solución". Esta semana, engade, "os bombeiros celebraron o seu patrón, San Juan de Dios, neste caso, cun acto institucional no parque compostelán ao que asistiron a alcaldesa da capital galega, Goretti Sanmartín; e o director xeral de Emerxencias, Santiago Villanueva, entre outras autoridades. Onde vivimos novamente airear as súas promesas máis aló das súas posibilidades reais. Más de 20 anos demandado instalacións propias e modernas e a incorporación de máis camións. Ás que se suman, falta de persoal e de recursos".


PUBLICIDADE
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Temos que valorar, subliña Calo, que é "un Gremio no que se xogan a vida en cada incendio ou accidente, ou no seu servizo diario a unha cidade, localidade ou provincia".

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page