UCIN alerta de que cúmprese unha semana sen o servizo do helicóptero do 061 dende Santiago
- ecosdacomarca
- hace 2 días
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Xeral
A Unión de Cidadáns Independentes (UCIN) ve inadmisible a falta dun helicóptero do 061 en Galicia. "Estes helicópteros de soporte vital avanzado poden proporcionar asistencia médica no lugar a pacientes extremadamente críticos, polo que esta situación trátase dun caso de abandono de funcións con risco para a cidadanía. Cúmprese unha semana sen servizo de helicóptero medicalizado dende Santiago. Só está dispoñible para toda Galicia o que ten base en Ourense, o que ocasiona un evidente prexuízo a diversas zonas cercaneas á comarca de Compostela e outras incluso máis afastadas, ao demorarse a atención en posibles accidentes ou emerxencias".

Incluso, sinala, que este martes "a Asociación de Defensores do Paciente enviou unha carta ao fiscal superior da comunidade, Fernando Suances, Fiscalía Superior de Galicia, que o servizo de Urxencias Sanitarias 061 da Xunta está sen un dos seus dous helicópteros dende o pasado venres. Concretamente, trátase do que ten a súa base en Santiago de Compostela, que sufriu unha avaría técnica o venres 28 que o deixou inoperativo".
Publicidade
O coordinador de UCIN en Galicia, José Luis Calo, sinala que se “trata dun caso de abandono de funcións con risco para a cidadanía, polo que esixe explicacións urxentes ao goberno da Xunta para que tome as medidas correspondentes e aborde a raíz deste grave problema. Non podemos permitir que se poña en perigo a saúde dos galegos”.
Comments