top of page
Foto del escritorecosdacomarca

Tres detidos e un investigado polo roubo dun cento de baterías en Melide

Todos teñen antecedentes e son veciños de Lugo, Santiago e da propia localidade melidense

Ecos da Comarca/Melide

A Garda Civil detivo a tres homes e está investigado un cuarto, todos eles con múltiples antecedentes, como presuntos autores do robo con forza de más de 100 baterías en Melide.

Foto de arquivo.

Tal e como informa o Instituto Armado, todo ocurriu a raíz dunha denuncia interposta pola vítima o pasado decembro no Cuartel da localidade. As baterías estaban almacenadas nun solar cerrado.


Tras a denuncia, iniciouse unha investigación por parte do Equipo Roca da Garda Civil de Santiago. As súas pesquisas e todo o traballo realizado levou á Benemérita á detención de tres persoas e outra está investigada, todas elas veciñas de Lugo, Santiago e da propia localidade melidense.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

Ademais, todo o material substraído, cuxo valor ascende aos 1.200 euros, foi recuperado. Os detidos xa pasaron a disposición do Xulgado de Instrucción número 1 de Arzúa.





0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page