top of page
Foto del escritorLaura Moure

Toda Galicia iniciará a partir de mañá, día 15, o período libre do vector transmisor da lingua azul

A principal consecuencia é que non haberá restricións ao movemento de animais das especies sensibles por esta enfermidade do gando, ata que volva comezar a época do vector


Laura Moure/Xeral

A partir de mañá, día 15 de embro, toda Galicia será considerada zona estacionalmente libre do vector transmisor da lingua azul no gando. Así o comunicou formalmente a Xunta, ao incluírse nesta área as provincias da Coruña e Pontevedra, así como as comarcas

veterinarias da Mariña Occidental, A Mariña Central e A Mariña Oriental, as tres

localizadas na provincia de Lugo.

Neste sentido, cómpre sinalar que dende o 1 de decembro xa tiñan esta consideración de zona libre do vector a provincia de Ourense e as comarcas veterinarias de Terra Cha-Vilalba, Terra Cha-Guitiriz, Terra Cha-Castro, Meira, A Fonsagrada, Lugo, A Ulloa, Sarria, os Ancares, Chantada e Terra de Lemos-Quiroga, todas elas na provincia de Lugo.


A consecuencia principal desta medida é que non se aplican estacionalmente as

limitacións ao movemento das especies sensibles que se manteñen o resto do ano.Así, permítese o movemento de bovinos e ovinos sen vacinar e sen ter como orixe unha explotación vacinada, sendo o único requisito para o movemento de animais de especies sensibles que non presenten signos da enfermidade.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Fundamental seguir vacinando

En calquera caso, independentemente desta non esixencia de vacinación previa ao movemento mentres continúe o período libre de vector, considérase fundamental continuar coa vacinación de bovinos e ovinos neste período sen transmisión da enfermidade. A lingua azul é unha enfermidade vírica de carácter infeccioso non contaxioso (non se

transmite por contacto directo duns animais a outros), transmitida por diferentes

especies de mosquitos do xénero Culicoides (axentes biolóxicos) que transmiten a

enfermidade pola picadura a animais infectados e posterior picadura a animais sans.


No ámbito nacional execútase un programa de vixilancia da enfermidade, fundamentado na vixilancia entomolóxica mediante trampeo continuado das especies de mosquitos transmisores, en controis serolóxicos e virolóxicos en explotacións sentinelas distribuídas xeograficamente polo territorio, e na investigación oficial en caso de comunicación de sospeita da enfermidade.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

O trampeo durante todo o ano, aporta información tanto da presenza como da cantidade e distribución do insecto vector no territorio nacional. Con esta información o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA) declara como zonas estacionalmente libres do vector aqueles territorios nos que se demostra que nunha determinada época do ano non existe a súa presenza.


Segundo a información obtida dos trampeos, o MAPA comunicou recentemente o inicio da zona estacionalmente libre do vector en diferentes zonas de España, entre as que se atopa Galicia. Esta información é trasladada á Comisión Europea. Vacinación masiva


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

A Consellería do Medio Rural iniciou a vacinación da lingua azul o pasado 7 de marzo, cunha campaña masiva na que se investiron 2,4 millóns de euros e na que participou

persoal propio, contratado, veterinarios de Asociacións de Defensa Sanitaria Gandeira

e clínico privado. En total, ata a o día de hoxe vacináronse 368.000 animais. Así,

actuouse en case 9.400 explotacións bovinas, con 296.000 animais vacinados, e en máis de 6.000 ovinas, con 72.000 animais vacinados.


A Xunta continuará en 2024 con esta campaña de vacinación -dotada inicialmente con outros 2 millóns de euros- abranguendo todo o territorio de Galicia, trala inclusión o 13 de novembro de toda a comunidade como zona restrinxida do serotipo 4 da lingua azul, e polo tanto de vacinación obrigatoria. O desenvolvemento desta campaña é fundamental, para ter protexidos os animais no momento en que finalice o período libre de vector, previsiblemente a finais de abril, e porque a partir dese momento volverán existir restricións ao movemento dos animais sen vacinar.





0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page