top of page

Tina Fernández e Jorge Puig gañan a I Carreira do Queixo

Cheo absoluto na primeira quedada Mulleres no Camiño organizada por A.d. Cerne, o Concello de Melide e Asaltamontes Female


Ecos da Comarca/Arzúa/Melide

Gran éxito da I Carreira do Queixo que se disputou onte. Máis de 300 corredores desfrutaron dunha xornada única de deporte e natureza pola etapa Melide-Arzúa do Camiño de Santiago. A emoción estivo presente en cada metro dos 13,3 km de percorrido, que remataron na Capela da Madanela cunha merecida degustación do queixo con DOP Arzúa-Ulloa.


  • Na proba feminina, o ouro foi para Tina Fernández Barreiro cun tempo de 57’46’’.

  • Na categoría masculina, Jorge Puig Malvar levou o primeiro posto con 46’22’’.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

"Grazas a todas as persoas participantes e colaboradoras por facer desta primeira edición un auténtico éxito. Vémonos na vindeira edición!", sinala a organización da 50 Festa do Queixo de Arzúa


Tamén en Melide tivo lugar onte unha carreira e tamén estivo marcada polo éxito.

foto
A quedada de Melide. Fonte:  A.d. Cerne Melide
PUBLICIDADE
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

"Cheo absoluto na primeira quedada “MULLERES NO CAMIÑO” organizada por A.d. Cerne o Concello de Melide e Asaltamontes Female. A proba contou cun percorrido que ía dende o Coto Pilar (teito da provincia da Coruña) ata Melide, percorrido no que se festexou, desfrutou e se reivindicou nunha proba que veu para quedarse! Parabéns a todas", sinala a organización.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page