Tina Fernández e Jorge Puig gañan a I Carreira do Queixo
- ecosdacomarca
- 10 mar
- 1 Min. de lectura
Cheo absoluto na primeira quedada Mulleres no Camiño organizada por A.d. Cerne, o Concello de Melide e Asaltamontes Female
Ecos da Comarca/Arzúa/Melide
Gran éxito da I Carreira do Queixo que se disputou onte. Máis de 300 corredores desfrutaron dunha xornada única de deporte e natureza pola etapa Melide-Arzúa do Camiño de Santiago. A emoción estivo presente en cada metro dos 13,3 km de percorrido, que remataron na Capela da Madanela cunha merecida degustación do queixo con DOP Arzúa-Ulloa.
Na proba feminina, o ouro foi para Tina Fernández Barreiro cun tempo de 57’46’’.
Na categoría masculina, Jorge Puig Malvar levou o primeiro posto con 46’22’’.
Publicidade
"Grazas a todas as persoas participantes e colaboradoras por facer desta primeira edición un auténtico éxito. Vémonos na vindeira edición!", sinala a organización da 50 Festa do Queixo de Arzúa
Tamén en Melide tivo lugar onte unha carreira e tamén estivo marcada polo éxito.

"Cheo absoluto na primeira quedada “MULLERES NO CAMIÑO” organizada por A.d. Cerne o Concello de Melide e Asaltamontes Female. A proba contou cun percorrido que ía dende o Coto Pilar (teito da provincia da Coruña) ata Melide, percorrido no que se festexou, desfrutou e se reivindicou nunha proba que veu para quedarse! Parabéns a todas", sinala a organización.
Comments