top of page
Foto del escritorecosdacomarca

Susana Tato ofrece "unha Agolada con futuro e rematar coa crispación"

Os nacionalistas centran nos servizos e o rural a súa proposta


Ecos da Comarca/Agolada

O BNG de Agolada envíanos esta nota de prensa sobre o seu mitin central.


A nota íntegra:

O BNG realizou onte (polo sábado) no Auditorio de Agolada o seu mitin principal desta campaña electoral ante un cento de persoas entregadas aos discursos das persoas intervintes. Comezou o acto coa intervención de Susana Fraga, candidata nº 7 e veciña da parroquia de Trabancas quen apelou a que ata de agora ninguén se preocupou de Agolada nin da xente e afirmou “o BNG en Agolada non é unha opción, é a solución”, para dar paso á intervención do número 2 da candidatura, Xosé Ramón Blanco.


Blanco fixo fincapé naqueles asuntos que “non temos en Agolada e queremos ter” polo que ese é o motivo principal polo que participa neste proxecto político. O candidato enumerou que Agolada, cunha poboación de máis do 41% de persoas maiores de 65 anos, non conta cunha auténtica rede de servizos sociais, falta por poñer en marcha a residencia da terceira idade, un centro de día público, faltan servizos de conciliación que faciliten a vida as familias. Fixo fincapé nas deficiencias do centro de saúde mal dotado de medios e persoal, un colexio que fai auga por todas partes e con gretas e co sistema calefacción obsoleto. Pola contra, afirmou Blanco, temos un rico patrimonio que potenciar pero non existe por parte do concello unha folla de ruta para o seu aproveitamento para

desfrute da veciñanza e ao mesmo tempo atraer turismo que deixe riqueza na localidade.


O abandono do comercio local, do polígono industrial baleiro xunto á pouca preocupación do actual goberno por estar ao carón da veciñanza no asunto de conseguir as parcelarias para as parroquias que as necesitan ou a falla de apoio aos produtos locais. Por iso ,comentou, Agolada precisa un goberno do BNG para rematar cos caciques de antes e estes novos caciques instaurados no concello, un goberno sen enfrontamentos, sen bandos, un goberno encabezado por unha muller, Susana Tato, a próxima alcaldesa de Agolada.


A deputada do BNG Montse Prado defendeu o “modelo BNG” nos concellos porque “o bo facer do BNG vai ser bo para Agolada”. Lembrou o traballo feito polo nacionalismo en temas coma o colexio, as parcelarias ou o servizo de hospitalización a domicilio, “o BNG ocúpase de todo o que lle afecta aos veciños e veciñas”. Segundo explicou a deputada “un concello do BNG remángase e peta nas portas” para solucionar os problemas dos veciños e dar servizos de calidade.

Ademais Montse Prado lembrou que “Galiza é un país rico, e Agolada é un concello rico”, o problema é que “a nosa riqueza está ao servizo doutros”. En concreto, a deputada nacionalista referiuse a Agolada coma un concello produtor de enerxía “pero exportamos o 40% da enerxía que xeneramos a Madrid e eles pagan a enerxía máis barata”. O BNG defende que “a enerxía dos galegos ten que ser primeiro para o beneficio dos galegos, e dos veciños e veciñas de Agolada”. Prado pediu o voto para o BNG apelando a que Susana Tato encabezará un goberno nacionalista “que se vai a remangar e traballar para poñer en valor Agolada”.


Puxo fin ao acto a intervención da candidata á alcaldía de Agolada, Susana Tato quen agradeceu a Montse Prado a súa asistencia e a súa disposición a defender sempre os “nosos intereses en Santiago, como por exemplo a iniciativa no parlamento para que nos arranxasen o noso colexio ou para solicitar o servizo de hospitalización a domicilio, que agora din que xa estaba en marcha pero cando nós preguntamos ao persoal facultativo confirmáronnos que non estaba activado.


Defendeu a candidata que “o BNG de Agolada nunca deixamos de pelexar por os intereses da nosa veciñanza, en sanidade, en educación, cas parcelarias. E non deixaremos de facelo nunca!!! Estivésemos dentro do concello ou fóra. Nós estamos aquí para traballar por toda a veciñanza, con independencia de onde decidan os veciños situarnos. Seguiremos o lado de quen nos precise, e non só se gañamos, como din outras formacións políticas se gañamos a alcaldía, se chegamos alcaldía... bla, bla bla.., demostrando así xa cal é o seu interese por a veciñanza e o concello. Só pensan no poder e en saír ben na foto, moita palabrería pero poucos feitos!!


O Concello da Agolada leva esquecido moitos anos, afirmou a candidata, agora tratan de vendernos que é por culpa do actual alcalde, que si.., que estamos de acordo, que a súa xestión “do chimpin” non é a adecuada para conseguir proxectos e avances para o Concello. E é certo que a responsabilidade e a labor dun Alcalde non é coller a pala para facer zanxas nin dirixir as obras, para iso xa hai persoal especializado. A súa responsabilidade é petar nas portas de todos os despachos da Xunta, da Deputación . E loitar polos intereses da veciñanza en Santiago, en Pontevedra ou en Madrid se é preciso.


Pero, parece que está máis de moda e vende máis o populismo que centrarse na xestión, nas negociacións para conseguir proxectos e iniciativas interesantes para Agolada, falando claro...conseguir cartiños para facer cousas no noso Concello. Pero que lle vamos pedir a un Alcalde que a estas alturas da campaña electoral aínda non ten claro de quen é competencia a cesión de cada espazo público para a celebración de mitins (e non é o único, algún máis que tamén quere chegar a alcalde parece que tampouco o ten demasiado claro...) Pouco máis se pode engadir!!!!


Fixo fincapé no “estancamento do noso Concello, e que isto non sucede só nestes últimos catro anos, levamos esquecidos moito tempo máis, todos os anos de goberno do PP, que se dedicou máis a defender os intereses dos seus amigos da Xunta de Galiza, ou de quen os apoian e traballan para eles e sempre por un interese propio (por suposto), esquecéndose así do resto da veciñanza, sexan do cor que sexan. E así vai seguir sendo, se permitimos que volvan gañar a alcaldía!!! Visto está que por aquí pasaron moitos para facer a foto, para contar catro “contos” do que van facer se gañan, e logo se non gañan non as poden facer??? Ou só queren Agolada se teñen o poder????.. E máis, pregúntome... que fixeron por nós polo pobo da Agolada, polos veciños, nestes últimos catro anos, a parte de promesas de si gañan?? Pensade unha cousa.. que hai moitas competencias que son da Xunta ,non do concello, e se os do PP de Agolada realmente pensasen na veciñanza xa teríamos as parcelarias, o colexio no estaría con goteiras e instalacións obsoletas, o Centro de Saúde en condicións, que non se deteriorou nos últimos catro anos, xa no falamos do persoal, por que non temos un servizo de pediatría?


Un concello con futuro

“Nós queremos un Concello con futuro porque a Agolada ten moito que ofrecer, pero antes hai que sanealo, hai que poñelo bonitiño.. hai que aprobar o PXOM, hai que solucionar os problemas de vivenda, hai que sacar a diante as parcelarias en todas as parroquias, hai que poñer fibra para un internet de calidade en todas as aldeas TODAS, hai que poñer e valor o nos patrimonio, hai que levar Agolada o sito que se merece!! Porque somos un súper concello!!! Dentro do rural!!!”, continuou Susana Tato.


“Hai que atraer un turismo de calidade, creando rutas guiadas por todo o concello dende a Ponte dos Cabalos ata a Eira da Xoana, hai que apostar por o noso entorno. Aí temos o encoro en Brocos, que concello da contorna ten un entorno tan fantástico, e que fixeron uns máis outros? Nada. Temos que poñelo en valor, pero facendo as cousas ben, coas licencias e os permisos correspondentes, non facéndoo as bravas!! E digo poñelo en valor,

non facer só unha área recreativa, iso é o fácil...


Sexamos ambiciosos.. por que non convertelo nun punto de referencia para a práctica dos deportes acuáticos dentro de Galiza?? Porque potencial ten, e xente que xa ten o camiño empezado para logralo tamén. Aí está a xente do Club náutico, con ideas, iniciativas...traballemos con eles!!! Vamos apoialos, loitar o seu lado!!


Pero tamén queremos uns coidados dignos e de calidade, e sobre todo de XESTIÓN PÚBLICA para os nosos maiores. Nos non podemos apoiar ningunha iniciativa que leve a palabra PRIVATIZAR, negámonos a que se faga negocio cos nosos. E por iso, dende o primeiro día estaremos detrás dos responsables da Xunta, para que de unha vez por todas poñan a funcionar a nosa residencia da 3ª idade, principalmente como centro de día para os maiores, que temos moitos e con moitas necesidades. E buscaremos a forma de poñerlles un servizo de transporte público para os seus desprazamentos.


Nós non imos deixar a ninguén atrás por falta de medios!!! Porque sempre hai solucións, so hai que buscalas, defendelas e loitar por elas!!!!


E se o que buscan é enchernos os nosos montes con eólicos ou torretas de alta tensión, terán que facelo con respecto, e pagando o prezo que nos beneficie a nós!!!! Á xente de

Agolada!!!. Non imos permitir que o beneficio o leven os de sempre. Porque temos un

concello rico, si. Pero non imos permitir que se regale a nosa riqueza para que se fagan ricos outros.


E loitaremos por un rural vivo, poñendo e valor os nosos produtos. Apoiando os nosos agricultores e gandeiros para que “quedarse na casa” e traballar os nosos campos e ter

gando para carne ou leite non sexa un camiño cheo de baches e trabas. Por iso, apoiaremos a formación dos nosos gandeiros, creando unha oficina técnica. Buscaremos como crear un selo de calidade, unha marca da Agolada para que o valor dos seus produtos se incremente!!! Porque merecen todo o noso apoio!! E o noso respecto!!!!


E apoiaremos a quen decida emprender actividades empresariais no concello con axudas

económicas. E apoiaremos tamén a todas as nosas empresas que levan anos pelexando no noso concello para que sigan medrando e xerando emprego. Estaremos ao lado de todos e cada un de eles, aportándolles asesoramento e facilitándolles a xestión.


Apostaremos por a cultura e o deporte. Tanto para nenos e nenas, como os menos nenos e

nenas... Porque Agolada tense que converter nun punto de referencia, tanto a nivel

deportivo como cultural. Como dixen fai un cacho!! Sexamos ambiciosos!! Porque o noso

Concello vale iso e moito máis!! E eu creo así, estou convencida ao igual que os meus

compañeiros de candidatura. E imos loitar porque cada veciño tamén o crea...


Tamén faremos chegar a cultura e o ocio a todas as parroquias!! Porque Agolada non só e

aquí na vila!! Agolada son as parroquias, as aldeas, recunchos.. E nos faremos chegar o lecer a todos os puntos do concello!! Nós queremos traer xente á nosa vila, non que siga marchando xente, non que sigan marchando os mozos e mozas, por falta de oportunidades, por falta de vivenda... Porque é moi triste, que os que queren quedar non atopen vivenda no concello, e a iso tamén lle imos poñer remedio!! O primeiro será solicitar a desafección das casas do grupo escolar á Consellaría de Educación. Despois presentar un proxecto en Vivenda para a súa rehabilitación, e convertelas en vivendas de emerxencia social, ou tamén para xente nova do concello”


“Rematar coa crispación”

Susana Tato afirmou que “sabemos moi ben como se deben facer as cousas porque estamos sobradamente preparados, porque entre todos os que formamos a candidatura da Agolada temos formación suficiente pero sobre todo forza, gañas e ilusión.


Ofrezo...ofrecemos cada un dos que formamos a candidatura.. humildade, unha xestión

transparente, un aproveitamento dos recursos. Pero sobre todo traemos calma e sentido común. Que ultimamente no concello falta bastante. Os de antes e os de agora están máis centrados nas pelexas entre eles e en xerar un ambiente tenso e de crispación entre todos nós, que en buscar solucións e aportar ideas.

E non queremos máis divisións, non queremos máis enfrontamentos entre veciños. Romperemos cas políticas do estás comigo ou estás contra min. Escoitaremos todas as propostas, veñan de quen veñan, favoreceremos os debates políticos CONSTRUCTIVOS. Porque moitas ideas aportadas dende varias perspectivas seguro que dan lugar a unha idea excepcional. O buscaremos e favoreceremos a colaboración e o apoio de todos, sexan da cor que sexan para construír unha Agolada do Futuro. Porque Agolada merece máis, E NÓS SABEMOS COMO CHEGAR A ESA META.


NÓS SAIMOS A GANAR!! Porque somos os mellor preparados, os máis representativos

de todos os veciños e veciñas do concello... pensamos en proxectos e en como levalos a

cabo, pensamos nas necesidades da veciñanza..,


Por iso.. non vos deixedes enganar!! Por favor!! Sede ambiciosos!!! Porque Agolada estea

dentro de un deses concellos mellor valorados de todo país!!! E incluso de fóra do país!!!

Moitas grazas a todos e todas!!e o 28 de maio recordade!! TEÑAMOS ORGULLO DE SER

DA`GOLADA!!! PORQUE AGOLADA MERECE MÁIS VOTADE BNG!!!”, rematou a candidata.



0 comentarios

Коментарі


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page