top of page
Foto del escritorecosdacomarca

Susana Tato, BNG Agolada: "MENOS JAITAS E MÁIS BANDA, MENOS PROBLEMÁTICAS MÁIS SUMISAS"

A concelleira do BNG agoladés escribe a seguinte carta aberta


Susana Tato Pampín/Agolada


CARTA ABERTA

Compartimos en ECOS DA COMARCA esta carta aberta que nos enviou Susana Tato Pampín, concelleira do BNG de Agolada.

Susana Tato.

MENOS JAITAS E MÁIS BANDA, MENOS PROBLEMÁTICAS MÁIS SUMISAS


"Con este titular podo resumir o Pleno Extraordinario celebrado o pasado 9 de Xaneiro no noso Concello de Agolada. Aínda que, con esta frase tamén podo describir o nivel máximo de entrega e bo facer dos dous dirixentes mais votados por a veciñanza no noso Concello. E así, o vivo case en todos os plenos ós que asisto, unha loita entre dúas personaxes que se centran no “Y tu más” en detrimento da nosa Vila, das nosas parroquias, das nosasasociacións...


Cando hai un problema ningún deles é capaz de buscar o consenso, de buscar solucións.

Chegando a súa incapacidade a mantelos nunha loita continua en lugar de xuntar ideas,

esforzos e traballo en busca de solucións.


Cada cuestión, cada iniciativa, cada desencontro convértese nunha guerra, nunha loita na que medir as súas forzas, na que medir quen ten máis apoio, na que medir a ver quen

impón o seu criterio (aquí hai que resaltar que sempre gana o Alcalde, grazas a maioría

absoluta), en resumen e falando mal... “están a ver quen a ten mais grande”. E a min no me queda máis que mirar con asombro, pena, desencanto e impotencia como o que menos lles importa a ambos é a veciñanza, é a Agolada. Onde ninguén aporta nada e só busca gañar batallas e demostrar que ten mais poder, mellores contactos ou máis fotos importantes.


Tamén estou cansa de que ambos líderes, segundo lles conveña a cada un, me arrimen a

cor amarela ou a cor azul, non señores e señoras as miñas cores son as do BNG, as miñas cores no Concello de Agolada son propias e con personalidade, e seguirei apoiando iniciativas de calquera cor sempre que as considere boas para a veciñanza, para o

concello, para o noso futuro; ou rexeitándoas se me parecen un disparate total e absoluto.

E non tardo en reaccionar ante certos problemas ou noticias, eventos, discrepancias..

reacciono cando eu quero reaccionar, elevo a voz cando considero que a debo elevar,

observo e calo se considero que é o que debo facer, e trato sempre de manter a calma e a

cordialidade, porque eu non me alistei ó exército para facer a guerra. Eu estou nisto

porque o meu Concello vale máis que todo o que nos queren facer crer quen só pensan

nos intereses persoais e no poder.


E seguirei pedindo un reparto xusto e equitativo dos cartos destinados ás subvencións, con unhas bases democráticas. Porque as subvencións que se conceden ás nosas Asociacións non poden depender da cor política que estea a cada momento no Goberno Local.


Señor Alcalde, a vostede que tanto se lle encheu a boca de dicir que viña para cambiar as cousas, xa leva seis anos e o único que vexo e que mantén as mesmas políticas rancias e

caciquís dos corenta anos do PP. Que si, que fixo cousas, certo é, pero máis certo é que

os de antes non lle deixaron o listón moi alto porque nos últimos vinte anos nada fixeron.

E os do PP de agora so fan cando o Bng de Agolada anuncia iniciativas, reunións.... dato

curioso, pero se alguén vai a hemeroteca ben pode comprobar que en nada minto.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Eu non fago nin digo as cousas pensando nos votos que poda gañar ou perder, ou non me

metería cas subvencións concedidas ós Tecor, pero aínda así sigo pensando o mesmo, a

risco de que os cazadores me collan manía, e son moitos votos...


Pero todos sabemos (e eles tamén) que os cazadores non van deixar de cazar se non se

lles dan 16.000 euros. Sen embargo, moitas das nosas asociacións deportivas, culturais,

veciñais o de diferentes colectivos sen axudas do Concello teñen moi complicada a

continuidade das súas actividades.


E non esquezamos o desfrute do resto da veciñanza, non vexo eu público nas batidas do

xabaril, pero si vexo o auditorio cheo para escoitar a Banda, a Coral, a Bico da Balouta..,si

vexo a ledicia do nadal na miña parroquia, si vexo como acoden os veciños e veciñas a

moitas das actividades e charlas promovidas por as asociacións de veciños, de amas de

casa, de xubilados..


“Señor alcalde xa sabemos que a vostede lle gustan máis as jaitas que a banda” Mari

Carmen Seijas (09/01/2025

“Hai asociacións menos problemáticas que outras que están politizadas” Luis Calvo

(09/01/2025)


Facer populismo barato está de moda na Agolada...(dende o chipín as donacións

públicas..) Pois eu, señores e señoras, non vou entrar nese xogo, eu estou aquí para traballar e conseguir que o Concello non se morra.


Apoiarei a TODAS as asociacións e sobre todo ás culturais e deportivas dándome igual a

que cor voten os seus membr@s porque elas son un motor imprescindible para manter vivo este Concello.


E seguirei ,co apoio incondicional das nosas Deputadas do Bng en Santiago ,reclamando

tanto o Goberno Local como a Xunta uns servizos públicos dignos e de calidade que fagan atractivo vivir, medrar e ter un futuro aquí...aínda que despois outras digan que foi froito do traballo que levan feito o caladiño ..e tan caladiño! porque a realidade é que só fan

cando o BNG lles saca as cores en Santiago".


Susana Tato Pampín

Concelleira do BNG na Agolada


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page