top of page

Silleda rexeita a reforma do mapa municipal de Galicia da Xunta que pretende fusionar Silleda con Lalín

“Mentras sexa alcaldesa, Silleda nunca se plegará as ansias do PP de entregarnos a Lalín” , di Paula Fernández


Laura Moure/Silleda

O goberno municipal silledense manifesta o seu rotundo rexeitamento ao novo mapa municipal de Galicia que a Xunta de Galicia presentará hoxe mércores, xa que prevé a

incorporación de Silleda nun novo concello, o Concello do Deza, con Lalín como capital. Así, dende a Alcaldía xa se ten trasladado ao goberno autonómico o seu malestar ca presentación oficial deste novo modelo territorial, en tanto non comparten en absoluto a proposta planteada “sen ter previamente nin consultado nin comentado ou contactado con nós”, advirte a alcaldesa, Paula Fernández.


A propia rexedora tilda a proposta de “tomadura de pelo”, lembrando que “xa o intentaron no ano 2002, a instancias de Crespo, e fracasaron polo rexeitamento de todos os alcaldes da comarca, curiosamente todos populares naquel momento” e está sorprendida de que agora o volvan intentar. “Mentras sexa alcaldesa, Silleda nunca se plegará as ansias do

PP de entregarnos a Lalín”, remarca.

Paula Fernández Pena.

Lamentan que a proposta lanzada non teña “nin pés nin cabeza, e que aínda por riba a vendan como se fora unha análise de importantísimo percorrido, cando a realidade é que todos os procesos de fusión impultados por parte da Xunta, como a de Cerdedo Cotobade, foron un auténtico fracaso, tanto a nivel de aforro económico como poboacioal”,

engade.


Din que a pretensión de crear un concello cunha extensión que alberga a todo o Deza, encarecerá e incluso imposibilitará ofrecer servicios de cercanía e calidade para unha poboación tan dispersa. “Non permitiremos que se utilice a veciñanza de Silleda como meros figurantes nas súas decisión politicas arbitrarias e sen sentido”, engade Fernández Pena.

Publicidade


Para o goberno Silledense esta proposta está baseada excusivamente nunha estratexia con claro cariz politico, xa que plantexa a creación dun concello de máis de 40.000 habitantes no que as forzas maioritarias sexan as da dereita. “Isto non é mais que unha forma zafia de atender as urxencias demográficas de Lalín. A Xunta confunde os intereses de Lalín e do PP cos intereses da cidadania” di a alcaldesa. Dende o goberno local se remarca tamén que “con este estudio a Xunta de Galicia demostra que non ten planificación estratéxica para Galicia, xa que ten que encargar a unha Fundación un pseudo estudio demográfico porque eles non teñen un plan de país”.


A alcaldesa esixe á Xunta e ao PP que se esqueza deste “tipo de confabulacións maquiavélicas, e centren esforzos ante o problema demográfico e de financiación coa única receita que funciona: desconxelando o Fondo de Cooperación Municipal para permitir aos concellos seguir atendendo correctamente a cidadanía, e asumindo as súas competencias, como o Servizo de Axuda no Fogar, ademais de crear un plan único para o reparto equitativo dos recursos, como fan as Deputacións, en lugar de asignar axudas a dedo”, engade.


Por último, a alcaldesa de Silleda lamenta que o PP local non esté xa esixindo responsabilidades políticas ante este ataque á autonomía local silledense “salvo, claro está, que estén tan ávidos de facerse politicamente con Silleda que prefiren someterse a Lalín con tal de facer caer ao goberno de Silleda”, e anuncia a presentación dunha moción no vindeiro Pleno para que toda a Corporación se posicione en contra de esta reforma do mapa municipal de Galicia. “Espero que neste asunto a unanimidade sexa total. A Xunta e o PP non poden planificar o noso futuro sen contar con nós”, engade Paula Fernández.


NOTICIA RELACIONADA:


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page