Silleda renova o seu compromiso coa Atención Integral a Persoas con Alzheimer e as súas familias
- Laura Moure
- hace 1 día
- 2 Min. de lectura
A alcaldesa, Paula Fernández, e o presidente de Afapo, José Manuel Fontenla, asinaron o convenio polo que a entidade percibirá 20.000 euros
Laura Moure/Melide
O programa de Intervención Integral a Persoas con Alzhéimer e familias coidadoras que desenvolve o Concello de Silleda a través da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e outras demencias da provincia de Pontevedra (Afapo) continuará outro ano máis no municipio. A alcaldesa de Silleda, Paula Fernandez, asinou xunto co presidente de Afapo, José Manuel Fontenla, o convenio de colaboración polo que a entidade se encargará de coordinar as accións asistenciais do programa ao longo deste ano 2025.

Ao igual que no exercicio anterior, o Concello de Silleda destinará a este programa un total de 20.000 euros, cos que se implementarán as actuacións previstas.
Así, ademais dos obradoiros de terapia ocupacional e estimulación cognitiva que se realizan no programa celébranse todos os martes e xoves de 10:15 a 13:30 horas –en dúas quendas- nas instalacións da Casa da Xuventude ao longo de todo o ano (agás no mes de agosto), tamén está previsto desenvolver distintas accións de formación e divulgación, caso da charla informativa que se impartiu este venres no salón de actos do Concello con gran asistencia de público, e na que o doutor e neurocientífico Carlos Spuch, analizou a relación da saúde mental e a neurociencia.
Publicidade
“Estamos moi satisfeitos con este programa integral que iniciamos xa no ano 2014 e que tan bos resultados está a dar, non só para os veciños e veciños que padecen esta doenza senon tamén para as súas familias, con consellos e indicacións que moitas veces se descoñecen”, sinala a alcaldesa destacando que a posta en marcha desta iniciativa é “unha clara aposta deste goberno polas políticas sociais”, engade.
Tamén dende o Concello a concelleira de Benestar, Ángela Troitiño, destacou a boa acollida deste programa que xa leva máis de 10 anos implantado en Silleda.
Dende o colectivo Afapo o seu presidente agradeceu ao Concello de Silleda a súa aposta por atender as necesidades das persoas con Alzhéimer e outras demencias e apoiar ás súas familias.
As sesión que xa se están a celebrar todos os martes e xoves, con máis de 20 persoas participantes teñen ademais un claro obxectivo de prevención desta enfermidade.
Publicidade
Obxectivos do programa
Dende AFAPO, o seu presidente José Manuel Fontenla explíca que entre os obxectivos deste programa de intervención integral figuran axudar ás familias a comprender a importancia no coidado dos enfermos e previr situaciónns de desgaste físico e/ou emocional, que poidan derivar en estrés crónico, e tamén ralentizar na medida do posible o deterioro cognitivo, pérdida de memoria, de mobilidade e función motoras que presentas as persoas con demencias.
A mellora da calidade de vida, tanto das familias como dos enfermos é o reto específico desta actuación. “O coidado e benestar dos nosos maiores e das persoas que padecen enfermedades coma esta é unha das preocupacións deste goberno municipal”, sinala a alcaldesa, Paula Fernández.
留言