top of page

Silleda presentou o proxecto da casa consistorial ao programa ReacPon

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

O Concello solicitou ao abeiro deste plan, o máis ambicioso en investimento público da Deputación de Pontevedra, un total de 713.249 euros para acometer esta actuación


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda presentou ao programa ReacPon, posto en marcha pola Deputación de Pontevedra con carácter execpcional para municipios de menos de 50.000 habitantes, o proxecto da nova casa consistorial. Na solicitude, de acordo coas bases da convocatoria, o Concello de Silleda fixa o financiamento desta actuación a través do plan nun montante de 713.249,55 euros, preto do 40 % do investimento da que será a primeira

fase de materialización desta obra.


“Tendo en conta que unha das cuestións puntuables da convocatoria é a maduración do proxecto e que se dará prioridade ás rehabilitacións e mellora de espazos públicos con criterios de sustentabilidade, o proxecto para o novo consistorio é o máis axeitado para que Silleda opte a este plan”, remarca o alcalde, Manuel Cuiña.


O actual consistorio.

O proxecto, que suporá a centralización de todos os servizos municipais na actual casa da cultura (agora mesmo están repartidos en varias sedes) buscará tamén a colaboración e aportacións doutras Administracións.


Baixo o lema Naturalmente noso a obra suporá a recuperación da fachada orixinal do edificio (antiga casa cuartel) e a dotación dunha nova estrutura na parte traseira, contando con accesos tanto dende a rúa Progreso como dende a Morón. Con esta dotación melloraráse a calidade na prestación de servizos, a eficiencia enerxética do edificio (ao que se levou a Rede de Calor recentemente) e facilitarase tamén o proceso de dixitalización da entidade local.


Ademais da remodelación integral do edificio actual –ao que se lle dará un carácter máis institucional-, na parte traseira construirase un novo edificio (na marxe oposta á biblioteca, que desaparece desta ubicación) de dúas plantas, onde estarán distintos servizos e crearase un gran patio exterior, con zona axardinada, esculturas, fonte…


O edificio será totalmente accesible polas dúas rúas, con aseos adaptados en todas as plantas e renovará todo o sistema enerxético coa vista posta la Rede de Calor con Biomasa, unha aposta que comezará a executarse esta mesma semana coas obras da primeira fase.


No edificio actual estarán na primera planta o punto de atención ao cidadá, rexistro municipal, Policía Local e Xulgado de Paz. Na segunda estará Alcaldía, concellerías e os departamentos de Intervención, Secretaría e Oficinas Xerais. Na última pranta situarase o Salón de Plenos e Auditorio, separados por tabiques móviles e butacas reversible para

adaptarse se fora necesario ambos espazos.


Distribución das novas instalacións

O novo edificio albergará na pranta baixa os despachos de servizos (fontanería, electricidade) e nunha zona máis recollida o departamento de Servizos Sociais. Tamén se ubicará aquí –na primeira planta- Urbanismo, o Servizo de Augas, Arquivo e outros departamentos técnicos (AEDL, Consumo, Emprego e Turismo.


En total a intervención contará cunha superficie construída de 1.510,89 metros cadrados, e unha superficie total útil de máis de 1.020 metros cadrados. Cuiña lembra ademais que o traslado da Casa Consistorial, hoxe con dependencias obsoletas en canto á instalación informática, entre outros, foi obxecto dunha consulta popular no ano 2017, co respaldo da

veciñanza.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page