top of page
Foto del escritorLaura Moure

Silleda presenta á veciñanza de Lamela un trazado alternativo para a conexión da AP-53 coa N-525

Laura Moure/Silleda

O goberno municipal de Silleda reuniuse este xoves con veciñas e veciños de Lamela para presentar o novo trazado alternativo que busca dar solución definitiva á problemática do acceso entre a AP-53 e a N-525. A reunión, celebrada nun ambiente de diálogo e participación, serviu para explicar o avance da proposta e recoller as impresións e achegas da veciñanza.

Durante o encontro, a alcaldesa Paula Fernández Pena destacou que esta nova solución é froito de meses de traballo directo co Ministerio de Transportes, co obxectivo de atopar unha alternativa viable que responda ás demandas da zona sen causar as afeccións que xeran as propostas anteriores.


O novo trazado, tal como se explicou, discorre por outro vial municipal que conecta de forma máis natural a AP-53 coa N-525, evitando a afección a vivendas, xa que o seu percorrido transcorre por terreos catalogados como Solo Rústico de Protección Agropecuaria. Esta solución permite garantir a seguridade e mellorar a convivencia

nun tramo de elevada circulación.


O vial proposto sitúase ao sur do actual acceso e ofrece unha conexión máis directa e fluída, evitando o paso entre as vivendas e solventando así os problemas de ancho e

firme do vial existente. Ademais, supón un menor impacto social e económico para a veciñanza e contribúe a unha solución duradeira para unha infraestrutura clave no

municipio.


Publicidade  

Na reunión, a veciñanza valorou positivamente que o proxecto avance e agradeceu a oportunidade de poder coñecer de primeira man os detalles da proposta. O Concello

recollerá todas as súas achegas para seguir traballando na súa concreción, reiterando

o compromiso de manter a transparencia e a colaboración ao longo de todo o

proceso.


A alcaldesa subliñou que este novo trazado, que xa conta cunha primeira valoración por parte da Demarcación de Carreteras do Estado en Galicia, é un paso fundamental para resolver unha demanda histórica que afecta á mobilidade e á seguridade da zona “Seguiremos traballando para que esta conexión sexa unha realidade canto antes”, afirmou Paula Fernández Pena.


Publicidade    

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O Concello de Silleda continuará informando dos avances e colaborando coas administracións competentes para que a execución deste proxecto poida iniciarse

coa maior celeridade posible.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page