top of page
Foto del escritorLaura Moure

Silleda pasa a formar parte da directiva da Asociación de Municipios de Camiño de Inverno a Santiago

Este Concello estará representado pola concelleira de Xestión Urbana, Medioambiente e Promoción económica, Paula Fernández, que ostentará o cargo de Tesoureira


Laura Moure/Silleda

O alcalde de Silleda, Manuel Cuiña asistiu este venres a Asemblea Anual da Asociación de Municipios de Camiño de Inverno en Vilamartín de Valdeorras, na que se aprobou a elección do Concello de Silleda como membro na dirección de este colectivo, creado no ano 2018 para establecer relacións de cooperación entre todos os concellos polos que transcorre este itinerario histórico do Camiño a Santiago.

O Concello de Silleda estará representado pola concelleira de Xestión Urbana, Medioambiente e Promoción económica, Paula Fernández, que ostentará o cargo de Tesoureira, para traballar na promoción de proxectos de interés común para a promoción de esta ruta, xunto ao resto da directiva.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Na mesma Asamblea, a directiva recén nomeada, someteu a aprobación o plan de Dinamización previsto para o período do seu mandato 2024-2027, cun plantexamento nuclear de consolidación de todos os avances e actuacións desenvoltas dende o 2018 e a adopción de novas iniciativas que logren aumentar o impacto social do Camiño de Inverno a Santiago.


Así pois, se establece como retos estratéxicos, entre outros, o incremento e mellora dos aloxamentos para atraer a chegada de peregrinos por este tramo, a oferta de novos servicios para as e os usuarios do camiño, ou a creación dunha marca corporativa común para o deseño de campañas que permitan chegar a mais persoas.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

O alcalde quixo destacar que aínda que é un camiño minoritario, dispón de moi boa sinalización e conta con grandes atractivos paisaxísticos e culturais, xa que percorre espazos tan importantes como As Médulas, o Val do Sil, ou a Ribeira Sacra “Este atractivo natural é unha das fortalezas de este camiño, polo que temos claro que servirá para posicionar os nosos enclaves naturais como Carboeiro ou a Fervenza” dixo o Alcalde .


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O Camiño de Inverno

Trátase dunha gran variante meridional do Camiño Francés que evita os cumios do Cebreiro, e polo tanto resulta mais fácil de percorrer en inverno. De feito, esta ruta xa era usada por peregrinos medievais que trataban así de evitar as zonas nevadas no inverno

Outra das peculiaridades do Camiño de Inverno é que conforma a única ruta a Santiago que recorre as catro provincias galegas. A ruta parte dende Ponferrada pasando por Las Médulas, O Barco de Valdeorras, A Rúa de Valdeorras, Quiroga, Monforte de Lemos, Chantada, Rodeiro, Lalin (onde conflúe co Camiño Sanabrés en A Laxe), Silleda, Ponte Ulla (Vedra) e Santiago de Compostela.

0 comentarios

تعليقات


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page