top of page
Foto del escritorLaura Moure

Silleda organiza unha sesión informativa sobre a depresión dentro do Plan Municipal de Saúde Mental

Terá lugar o vindeiro día 13 xaneiro na Casa do Concello e é necesario inscribirse


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda segue adiante coa súa programación no marco do Plan Municipal de Saúde Mental e organiza para o vindeiro luns día 13 de xaneiro unha sesión destinada a toda a veciñanza sobre a depresión na Casa do Concello ás 18:00 horas no Salón de Actos, ubicado no segundo andar do edificio.

Esta actividade promove darlle a relevancia que se merece á saúde mental, materia na que o Concello destaca por ser un dos primeiros municipios en elaborar un plan municipal propio que insta a participar á veciñanza para compartir experiencias; respondendo a unha problemática que afecta a todas e todos, sen importar a idade, o xénero ou a situación e ofrecer así o apoio preciso para cada circunstancia.


Dende o Concello de Silleda anímase á cidadanía a que se inscriba ata o propio día 13 de xaneiro para participar en dita sesión no número de teléfono 986 59 20 37.


Publicidade    

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

A sesión será impartida por personal especializado da asociación FEAFES , (Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia), a quen dende o Concello de Silleda se lle agradece a súa colaboración ca implementación deste programa municipal.


Dende o departamento municipal de Benestar, a concelleira Ángela Troitiño, destaca que “a saúde mental é un piar básico no benestar das persoas, e na man de todos e todas está comprendela e tratala”, engade.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page