top of page
Foto del escritorLaura Moure

Silleda lembra a prohibición de parar e estacionar durante a fin de semana no desvío da N-525 na Bandeira

A estrada nacional córtase este venres pola tarde e estara ata a madrugada do luns con motivo das Festas de Verán


Laura Moure/Silleda

A estrada N-525 ao seu paso pola localidade da Bandeira (Silleda) volverá pecharse ao tráfico un ano máis con motivo das Festas de Verán. O Ministerio de Transportes e Mobilidade aceptou a solicitude formulada dende o Concello para proceder ao corte entre este venres día 23 (a partir das 16:00 horas) e ata a madrugada do vindeiro luns 26.


Dende o goberno municipal agradécese á Administración central que volvan permitir o desvío do tráfico, unha medida moi necesaria por motivos de seguridade dada a gran afluencia de persoas que se achegan durante estes días á localidade. Así mesmo, e ao igual que en anos anteriores, faise un chamamento á colaboración cidadá lembrando que está prohibido parar e aparcar en todas as rúas nas que se habilitará o desvío (primeiro tramo de Fernando Penoucos, rúa do Parque e o tramo de Ramón de Valenzuela, dende a rúa do Parque ata o enlace novamente ca estrada nacional ). Solicítase a colaboración cidadá para respectar as sinais de tráfico e lograr que as festas transcorran sen

contratempos.

Ademais de bandos informando dos cortes, que xa se colocaron por toda a vila a semana pasada, tamén se colocarán novamente avisos para lembrar aos veciños e visitantes a prohibición de estacionar nas rúas nas que se habilita o desvío durante as tres xornadas e nas tamén se procederá nas próximas horas á retirada de colectores de lixo, xa que non pode haber ningún obstáculo nin vehículos no arcén.


O venres, antes de proceder ao corte da estrada nacional para habilitar, tamén se fará efectiva a prohibición de estacionar na rúa Xeral, en plena nacional, dende as 14:00 horas.


Corte de rúas e restriccións de estacionamento

Por outra banda, dende hoxe, mércores día 21, tamén se producirán restriccións na circulación e estacionamento de vehículos. Así, dende hoxe e ata o venres ao mediodía estará prohibido estacionar e circular na rúa Camilo José Cela.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Na xornada do xoves 22, tampouco se poderá estacionar en Agro do Valo (onde se celebrarán ese día actividades infantís), dende as 11:00 horas. O tramo estará pechado tamén ao tráfico durante as actividades. Na rúa da Empanada, ata o cruce ca rúa Lavadoiro, non se poderá circular nin estacionar nas xornadas do sábado 24 e domingo 25, cómo xa ven sendo habitual nos últimos anos. A rúa Lourás, dende o cruce con Travesía de Vista Alegre Rúa Lourás é outra das vías afectadas.


Dende o Concello de Silleda vénse traballando nos últimos días en coordinación ca Asociación Amigos da Festa da Empanada da Bandeira, que organiza o evento, para artellar todo o operativo de seguridade e montaxe das celebracións, ca Festa da Empanada na xornada do sábado 24 como prato forte do amplo programa de actividades.


Aparcadoiros

Durante as festas habilitarase tamén dúas zonas de estacionamento: fronte ao Centro Cultural Vista Alegre, con acceso dende a rúa Xeral e outro na rúa Maceira Boa.




0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page