Terá lugar o vindeiro xoves día 2 ás 20:30 horas no local social da parroquia
Laura Moure/Silleda
O Concello de Silleda convoca ás veciñas e veciños de Lamela a unha reunión informativa que terá lugar o vindeiro xoves día 2 de xaneiro (20:30 horas) para dar conta dos avances logrados na histórica demanda relacionada co vial que conecta a AP-53 coa N-525.
A problemática afecta a un vial de concentración parcelaria, de titularidade municipal e apenas 700 metros de lonxitude, que discorre entre vivendas e carece das dimensións e do firme axeitados para soportar o tráfico de alta capacidade e o tonelaxe actual.
Publicidade
Tras meses de traballo co Ministerio de Transportes, o goberno municipal está en disposición de presentar a veciñanza unha nova proposta de trazado alternativo, á
vista da boa acollida inicial por parte do Ministerio.
Publicidade
“Queremos trasladar esta proposta á veciñanza para recoller as súas achegas e opinións, garantindo que a solución definitiva sexa consensuada e acorde ás necesidades da zona para asi poder seguir avanzando na consecución dunha solución definitiva para esta infraestructura”, explica a alcaldesa, Paula Fernández Pena.
NOTICIA RELACIONADA:
Abel Losada anuncia a redacción do proxecto para a mellora da conexión da AP-53 coa N-525 en Lamela:
Comments