top of page
Foto del escritorLaura Moure

Silleda convoca tres prazas de socorrista para cubrir a campaña de verán nas piscinas municipais

As persoas interesadas poderán presentar as súas solicitudes dende o venres 6 ata o martes 11 de xuño


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda saca a concurso tres prazas de socorrista para cubrir a campaña de verán nas piscinas municipais de Silleda e Bandeira. As solicitudes poderán facerse dende hoxe, venres 7 de xuño, ata o martes 11 de xuño presentando a documentación no Rexistro Xeral ou a través da sede electrónica.

Silleda abre deste xeito unha bolsa de emprego de socorristas, que se rexerá polo sistema

de concurso de persoal funcionario interino, para poder levar a cabo a campaña ‘Salvamento e socorrismo nas piscinas municipais de Silleda no verán 2024”.


As persoas interesadas en participar no proceso deberán ter polo menos 16 anos e estar en posesión do título de socorrista acuático ou equivalente, acreditado mediante documentación oficial e a inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia.


Publicidade

Preme na imaxe se queres saber máis deste evento.

Nas solicitudes deberá constar o formulario debidamente cuberto, copia do DNI, do título de socorrista e acreditación do Rexistro Profesional de Socorristas, da documentación acreditativa dos méritos e do carné de conducir B1, así como o certificado negativo do

Rexistro Central de Delincuentes Sexuais, a declaración responsable correspondente ao

Anexo II e a acreditación do pagamento das taxas.


As taxas ascenden a 15 euros e deberán aboarse na conta do Concello de Silleda ES27 2080 5443 3731 1010 0171


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Entre os méritos que se valorarán atópase a experiencia profesional na Administración, a

experiencia no sector privado e a formación e cursos realizados. As bases da convocatoria poden consultarse na páxina web do Concello de Silleda (www.silleda.es).

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Commentaires


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page