O Concello sorteará unha viaxe de 4 días en autocaravana para 4 persoas e hai que cumplimentar unha carta aos Reis cas pistas situadas preto das caixas e fotografarse con elas
Laura Moure/Silleda
O Concello de Silleda poñerá en marcha nos vindeiros días o certame Vai de parroquias, que ten como obxectivo a dinamización das parroquias do rural durante o Nadal, unha iniciativa que se estrenou con éxito hai dous anos. Baixo o nome “Vai de parroquias”, propónse ao público participante visitar todas as localidades que conforman o municipio silledense, acreditando mediante fotografías, entre outros, o seu paso polas mesmas.
Así, este ano como novidade, o certame chega co lema “As caixas de correo máxico”, que serán as protagonistas da viaxe polo rural silledense. O personal municipal xa comezou a instalar as 32 caixas (Martixe e Ansemil comparten ubicación) que levarán o Nadal ao rural. Preto delas estarán as pistas, con frases para completar unha carta aos Reis Magos, con alusións a todas as localidades silledenses.
O concurso arrancará a finais desta mesma semana, unha vez ubicadas as “Caixas de correo máxico” en todas as localidades. Para poder participar, (sempre persoas maiores de idade) é preciso cubrir a folla de inscrición e enviala xunto coa carta completa e as fotografías xunto a todas as caixas. Todas as persoas que cumprimenten axeitadamente a documentación que figurará nas bases do certame, entrarán no sorteo dunha viaxe en autocaravana con capacidade para 4 persoas durante 4 días.
Tamén para a rapazada
Por outra banda, as caixas de correo máxico tamén poden ser utilizadas pola rapazada de cada localidade para remitir directamente as súas peticións ás Maxestades de Oriente.
Publicidade
As bases e condicións poderán n consultarse na web municipal (www.silleda.gal ) xunto con toda a documentación necesaria. Este certame, no marco da programación de Nadal 2024-25, busca dinamizar as localidades rurais do municipio, fomentando a participación
activa da veciñanza e poñendo en valor as 33 parroquias que compoñen o termo municipal fomentando tamén o coñecemento das mesmas.
Unha vez confirmados todos os participantes e rematado o prazo, procederase ao sorteo público entre todas as persoas/envíos que cumpran co requisito. Cada unha das persoas participantes terá asignado un número, correlativo á orde de chegada da inscrición. Dito número introducirase, en sobre pechado, nunha urna, para proceder ao sorteo público do premio o xoves día 9 de xaneiro ás 20:30 horas, no Salón de Actos do Concello de Silleda.
Comments