top of page

Silleda anima a instalar os dispositivos para a rebaixa na AP-53, que entrará en vigor esta mesma semana

Avanzan as obras de mellora viaria en Manduas ca dotación das cunetas tendidas



Laura Moure/Silleda

A tan agardada rebaixa da peaxe da AP-53 será xa unha realidade esta semana. Unha vez publicada no Boletín Oficial do Estado, a medida aplicarase de xeito inmediato, polo que ao día seguinte xa estarán activas as bonificacións, polo que non haberá que agardar o prazo dun mes como aconteceu noutros descontos de autopistas anteriores, caso da AP-9. Desde o Concello de Silleda, o executivo local convida a toda a veciñanza da comarca de Deza, e especialmente aos veciños e veciñas de Silleda, a que instalen nos seus vehículos un OBE, dispositivo necesario para aplicar os descontos vía telepeaxe, tanto para persoas que son usuarias habuituais como para as que efectúan viaxes de ida e volta de xeito esporádico.


“En principio agardábase que, como acontecera coa AP-9, tiveramos que esperar un mes desde a publicación do decreto, pero grazas ao compromiso do Ministerio de Transportes, tomouse a decisión de aplicar as rebaixas de maneira inmediata, despois de anos de espera e demandas por parte do territorio”, indica a alcaldesa, Paula Fernández.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

A rexedora celabre que o Goberno de España atenda por fin unha “reivindicación histórica da nosa comarca, esquecida durante demasiado tempo, mentres outras forzas políticas centraban as súas loitas na AP-9”, engade. “Agora, a través do debate político e da xestión, conseguimos que a bonificación na AP-53 sexa unha realidade”, remarca Fernández Pena.


Así mesmo, a alcaldesa destaca a grande ventaxa e oportunidade que suporá esta iniciativa para toda a comarca: “É un orgullo poder dicilo hoxe como representante pública: por fin, os veciños e veciñas de Silleda e da comarca de Deza teñen unha resposta xusta e concreta que lles permitirá aforrar en mobilidade desde esta mesma semana”, engade.


Por outra banda, o Concello de Silleda continúa ca execución dos traballos de mellora viaria nas parroquias de Refoxos e Manduas, que se executan con máis de 350.000 euros a través dos fondos que lle corresponden a Silleda polo programa Máis Provincia da Deputación.

No caso de Manduas os traballos están xa na súa fase final, ca execución das cunetas tendidas en varios tramos, dotación que se suma ao arranxo con aglomerado en quente no vial que une Quintela e a Moa e todos os ramais adxacentes.


En Refoxos, a mellora integral da vías tamén continúa. Xa está realizada a mellora do vial vertebrador e tamén algun dos accesos a núcleos como o de Cardesín. Nas vindeiras semanas os traballos continuarán co formigonado de varios accesos a outros lugares desta parroquia.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page