top of page
Foto del escritorLaura Moure

SEDEXPO 2025 reúne ao ámbito asociativo da seguridade, defensa e emerxencias para perfilar esta edición, que será do 26 ao 28 de marzo

Será na Feira Internacional de Galicia ABANCA de Silleda


Laura Moure/Silleda

A Feira Internacional de Seguridade, Defensa e Emerxencias, SEDEXPO, continúa traballando para a súa terceira edición, a cal terá lugar do 26 ao 28 de marzo de 2025 na Feira Internacional de Galicia ABANCA (Silleda, Pontevedra). Así, co obxectivo de avanzar na súa organización, a entidade feiral mantivo este lubs unha reunión telemática coas asociacións e colectivos que conforma o Comité Organizador do certame.


No seu transcurso fíxose unha análise dos resultados da segunda edición e detallouse tanto a situación comercial do certame como as accións de promoción realizadas e pendentes para esta nova edición. Así mesmo, avanzouse na definición do seu programa, destacando a implicación e participación activa de todas as entidades asistentes, que na súa totalidade mostraron a súa disposición para realizar actividades e achegaron xa temas de interese para as xornadas técnicas, nos cales se profundará nas vindeiras semanas.

Tamén respecto ao programa incidiuse na importancia de potenciar as demostracións de produtos expostos e os simulacros, un elemento diferencial da feira que o será aínda máis na edición de 2025.


O encontro contou coa participación de destacadas asociacións e colectivos, os cales estiveron acompañados por un equipo da Feira Internacional de Galicia ABANCA. Así, concorreron representantes da Asociación de Directores de Seguridade Integral (ADSI), a Alianza Española de Seguridade e Crise (AESYC), a Asociación Internacional de Membros e Corpos de Seguridade e Emerxencias (AIMCSE), Asociación de Directores de Seguridade (ADISPO), Asociación Española de Loita contra o Lume (ASELF), a Asociación Profesional de Técnicos de Bombeiros (APTB), Asociación Europea de Profesionais para o Coñecemento e Regulación de Actividades de Seguridade Cidadá (AECRA), Asociación Galega de Sistemas Intelixentes non Tripulados (AGASINT), Asociación Española de Compañías Privadas de Seguridade (ASECOPS), Asociación de Xefes e Directores de Seguridade de España (AJDSE), Clúster da Industria de Defensa (CID), Plataforma Española de Seguridade Integral (PESI), Unión Sindical Obreira (USO) e Asociación de Empresas e Expertos de Seguridade de Galicia (AESGA).


Publicidade

Encontro co ámbito empresarial

Co mesmo obxectivo de avanzar na organización de Sedexpo 2025, a Feira Internacional de Galicia ABANCA tamén se reunirá nos vindeiros días coas empresas que integran o Comité Organizador da feira.


Así, seguirá construíndo un foro co que se pretende explorar oportunidades de colaboración, establecer alianzas, intercambiar experiencias, xerar negocio, coñecer novidades e fomentar a cultura de seguridade, defensa e emerxencias no cidadán.


0 comentarios

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page