top of page

Santiso, Arzúa, Toques, Touro e O Pino reciben axudas para insfraestruturas e recursos turísticos

Ecos da Comarca/Xeral

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou onte, luns 14, dúas resolucións destinadas a consolidar a oferta turística da comunidade. Por unha banda, recolle a ampliación do importe do crédito destinado ás subvencións para actuacións de eficiencia enerxética en empresas turísticas, de maneira que nos tres últimos tres anos, o Goberno galego ten realizada un importante investimento de 14M€ en eficiencia enerxética para empresas turística. Pero ademais, o DOG publicou tamén onte a concesión da liña de axudas, dotada con 2M€, a 67 concellos galegos de menos de 10.000 habitantes para actuacións de mellora das infraestruturas turísticas no rural galego que pretende impulsar e consolidar a actividade turística desta contorna, ao tempo que promove a diversificación turística polo territorio da comunidade.

Mediante estas axudas fináncianse gastos como a mellora na sinalización turística de sendeiros, a iluminación e os accesos a recursos turísticos, así como a posta valor de conxuntos patrimoniais, o acondicionamento de recursos culturais e paisaxísticos ou a recuperación de elementos locais como fontes ou muíños.


Por provincias, 31 concellos de Ourense veranse beneficiados por esta liña de subvencións, como son Esgos,  Xunqueira de Espadanedo, Verea, Maside, Oímbra, Bande, Vilar de Barrio, O Bolo,  Allariz, Arnoia, Larouco, Sandiás, Cualedro, Muíños, Lobios, A Peroxa, Castrelo do Val, A Merca, A Veiga, Carballeda de Valdeorras, A Teixeira, Leiro, Petín, Vilariño de Conso, Ribadavia, Melón, Lobeira, Montederramo, Castrelo de Miño, Cartelle e A Gudiña.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Na provincia de A Coruña son 16 os municipios beneficiarios: Corcubión, Cee, Santiso, Cabana de Bergantiños, Muxía, de Cabanas, Mesía, Arzúa, Brión, Toques, Dumbría, Coristanco, Touro, O Pino, Padrón e Laxe.


En Lugo, recibirán axudas 14 concellos: O Incio, Xove, Begonte, Samos, Bóveda, Riotorto, Alfoz, Ribeira de Piquín, Cospeito, Lourenzá, Pantón, Chantada, A Pastoriza e Trabada.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Finalmente, na provincia de Pontevedra seis concellos inclúense nesta resolución: A Cañiza, Meis, Oia, Soutomaior, Forcarei e Fornelos de Montes.


Eficiencia enerxética

A ampliación do crédito para as axudas en eficiencia enerxética permitirá atender un maior número de solicitudes de subvención formuladas, cuxo importe total superou o previsto. A resolución tamén recolle a dilatación dos prazos de execución e xustificación, de tal modo que o de execución abrangue agora ata o 31 de decembro de 2025, mentres que a nova data para a xustificación dos proxectos sitúase no 31 de xaneiro de 2026.


Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page