top of page
Foto del escritorLaura Moure

Román Rodríguez ensalza o labor da Casa do Patrón no mantemento da tradición e a cultura popular

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades participa na presentación do documental etnográfico Trasnos de Doade, herdeiros dunha tradición musical


Laura Moure/Lalín

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, participou este domingo na presentación do documental etnográfico Trasnos de Doade, herdeiros dunha tradición musical que se proxectou no Museo Etnográfico Casa do Patrón de Doade. Unha cita na que o titular de Cultura aproveitou para poñer en valor a cultura, o patrimonio e as tradicións desta parroquia de Lalín.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

O documental, realizado pola Casa do Patrón, céntrase na etnografía da zona coa matanza tradicional, a malla de Doade ou mesmo os magostos nos que actúa o grupo dos Trasnos. Esta peza audiovisual agocha entrevistas aos veciños máis maiores da parroquia, que contan como vivían as antigas foliadas e fiadeiras.


Ademais, o documental tamén relata o labor que tivo o grupo Os trasnos de Doade no mantemento e promoción destes elementos tradicionais e como os foron mantendo ao longo do tempo, tentando recuperar e recobrar esa cultura tradicional. Algo que enxalzou Román Rodríguez tras a proxección do filme.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

“O traballo que realizan en Doade para o mantemento da cultura popular é digno de admirar”, anotou o conselleiro felicitando á Casa do Patrón pola creación do documental.

0 comentarios

תגובות


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page