top of page

Román Rodríguez anuncia o inicio en abril da rehabilitación do Colexio Plurilingüe de Agolada

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

A actuación contará cun investimento de 632.000 euros


Laura Moure/Agolada

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, visitou onte o Colexio CEIP Plurilingüe de Agolada para anunciar que o próximo mes de abril comezarán as obras de rehabilitación integral do centro. Segundo avanzou, o Goberno galego está a piques de adxudicar esta actuación, na que vai investir case 632.000€ e que ten como obxectivo mellorar a eficiencia enerxética do centro.

Así pois, os traballos abranguerán o illamento térmico exterior mediante un sistema tipo SATE nun total de 1.400m² de fachada. Tamén se instalará illamento térmico sobre o falso teito da última planta e do porche de acceso. Así mesmo, procederase á renovación dun total de 131 ventás e portas (379m²), que serán substituídas por novas carpinterías de aluminio anodizado natural, con dobre vidro baixo emisivo e con acristalamento de seguridade e rotura de ponte térmica, que serán moi similares ás xanelas da planta baixa do edificio, que xa foron substituídas con anterioridade.


Román Rodríguez salientou que esta rehabilitación integral está enmarcada na segunda fase do Plan de nova arquitectura pedagóxica, cun orzamento que acada os preto de 500M€ para distintas intervencións en colexios e institutos de toda Galicia.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Este plan “permítenos ter unha folla de ruta para actuar nun dos parques inmobiliarios máis grandes da Xunta de Galicia, como é o dos centros educativos, integrado por arredor de 1.600 edificios”, abondou o conselleiro. Nesta liña, avánzase cara a un novo modelo de centros de ensino, pioneiro, con instalacións adaptadas ás necesidades do ensino do século XXI, máis flexibles, versátiles e cunha maior accesibilidade, ao tempo que se aposta tamén por colexios e institutos máis respectuosos co medio ambiente desde o punto de vista do consumo enerxéticos e da súa integración na contorna.


Melloras continuas no centro

Esta obra de rehabilitación integral do Colexio Plurilingüe de Agolada, no que actualmente estudan un total de 86 nenos, engádese a outras actuacións realizadas pola Xunta de Galicia neste centro nos últimos tres anos por un importe de 129.000 euros, como foi a renovación das ventás da planta baixa, a reposición dun muro e a reforma do cuarto de caldeiras. 



Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page