top of page

Rodeiro pon en marcha esta semana unha campaña de sensibilización contra a violencia de xénero

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Azos Feministas promove este sábado a proxección e posterior coloquio do documental Persoas S.A.


Ecos da Comarca/Rodeiro/Lalín

Esta semana o Concello de Rodeiro pon en marcha unha campaña de sensibilización dirixida a toda a poboación de cara a concienciar e loitar contra a lacra da violencia de xénero, cofinanciada pola Deputación de Pontevedra e incluída dentro das actividades do proxecto Equal-Camba 2021 e que leva por título Non estás soa, denuncia.

Para a realización da campaña usouse o cartel gañador da X edición do concurso de “Carteis Igualitarios” realizado polos grupos de Máisquedanza de Rodeiro. A súa mensaxe céntrase en axudar ás mulleres que están a sufrir situacións de malos tratos e non mirar para outro lado coma se non sucedese nada ou se iso non nos implicase a nós. Incidir en que sintan o apoio da comunidade para que tomen a decisión de denunciar e que ademais isto tamén está a suceder entre a poboación xuvenil e debemos visibilizalo e denuncialo abertamente.


Cabe mencionar que aínda está o prazo aberto ata o día 25 para participar no concurso deste ano. Toda a información sobre este certamen no enlace:


Dentro da campaña de sensibilización tamén se inclúe a distribución de 200 bolsas de tea coa imaxe da campaña e 300 máscaras hixiénicas reutilizables co lema da campaña, así coma dípticos informativos dos recursos existentes na zona para a atención á muller que sofre malos tratos. Trátase de que a información sobre como actuar e a onde acudir chegue á maior parte da poboación de Rodeiro.

Así mesmo, as veciñas/os e comerciantes que queiran expor o cartel no seu negocio, sede, etc. poden pasar polo Concello a recoller un exemplar ou chamar para que se lle entregue directamente. Tamén pode descargarse directamente para imprimir.

Por outra banda, o colectivo de Deza Azos Feministas organiza para este sábado, día 20, a proxección máis coloquio sobre o documental Persoas S.A de #CarmenPGGranxeiro, que tamén acudirá á cita. quen tamén contaremos na xornada celebrada. Será ás 19:00 horas no Círculo de Recreo de Lalín. .

0 comentarios

댓글


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page