top of page
Foto del escritorecosdacomarca

Rodeiro adquire un vehículo 100% eléctrico cunha grúa e unha caixa basculante e un punto limpo móbil

"Seguimos ampliando o parque móbil dado que estaba moi obsoleto para a concelleira de Servizos e Medioambiente", subliña o alcalde do municipio, José Luis Camiñas.


Ecos da Comarca/Rodeiro

Este mércores Grúas Betanzos entregou  ao Concello de Rodeiro un vehículo 100% eléctrico equipado con unha grúa e unha caixa basculante, xunto cun punto limpo móbil. "Seguimos ampliando o parque móbil dado que estaba moi obsoleto para a concelleira de Servizos e Medioambiente", subliña o alcalde do municipio, José Luis Camiñas.


Publicidade

Ademais tamén indica que ese mesmo día se rematou a entrega con estes vehículos dunha axuda solicitada a Consellería de Medioambiente e do Goberno de España dentro do Plan de Recuperación Transformación e Resilencia da Unión Europea de 128.226,49 euros e cunha inversión de algo máis de 176.000 euros. "Esta axuda e inversión foi para o cerramento do Punto Limpo e videovixiancia, para placas solares e baterías para ter enerxía no punto limpo, tres contenedores de gran capacidade, punto limpo móbil, camión con grúa e caixa basculante, para a recollida de enseres nos domicilios", explica o rexedor.


Publicidade

En materia de residuos de competencia municipal, sinala Camiñas, "estamos avanzando coneéstas inversións e melloraremos os servizos prestados e tamén a imaxe do noso concello.  Quero agradecer o esforzo de traballadores municipais, para levar a acabo este plan de axudas, e neste caso a Ángel Sánchez, responsable de Grúas Betanzos, por deseñar un vehículo acorde as nosas necesidades. Isto vai por un Rodeiro máis limpo".

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page