"O obxectivo desta iniciativa é recoñecer e promover a actividade deportiva e os valores que este transmite", subliña a Concellería de Deportes
Laura Moure/Rodeiro
A Concellería de Deportes de Rodeiro impulsa a I Gala do Deporte, que se celebrará hoxe, sábado 24 de agosto, ás 18 horas no campo de fútbol da Raña. O obxectivo desta iniciativa é recoñecer e promover a actividade deportiva e os valores que este transmite: esforzo, superación, constancia, igualdade, respecto, deportividade, solidariedade e compañeirismo, éxito persoal e colectivo, entre moitos outros.
"Polo que temos previsto premiar anualmente a aqueles deportistas, particulares, entidades, clubs, etc. do municipio e vinculados a el, que destacaron de forma especial
ao longo da última tempada. O principal obxectivo deste acto é recoñecer publicamente o esforzo, a dedicación e a entrega e, en definitiva, os valores que o deporte comporta, así como servir de espello para animar aos máis pequenos e á poboación en xeral coa practica do deporte", sinala a Concellería de Deportes.
As categorías dos recoñecementos serán as que se detallan a continuación:
- Mérito deportivo
Por cada equipo ou club federado local recoñecerase a un deportista de Rodeiro ou que formen parte da actividade deportiva ofertada por algún club ou asociación local que destaque pola súa destreza deportiva.
- Valores Deportivos
Por cada equipo ou club federado local recoñecerase a un deportista de Rodeiro ou que formen parte da actividade deportiva ofertada por algún club ou asociación local que, no
desempeño da actividade deportiva mostraran unha actitude positiva respecto aos demais e o entorno. Destacando o compromiso, o respecto, a bondade, a tolerancia e a amizade.
- Histórico
Recoñecer a persoas que coa súa labor e entrega contribuíron coa promoción da practica deportiva.
- Apoio ao Deporte
Premiar a persoas, empresas, entidades deportivas ou de outro tipo que colaboren e axuden cos seus medios humanos, materiais ou económicos na promoción do deporte en
toda a súa extensión.
Publicidade
"Acto seguido, levaremos a cabo ó homenaxe a Paco Proas, xogador, adestrador, directivo e gran compañeiro. Foron moitos anos os que Paco estivo vinculo de maneira desinteresada ao equipo de fútbol local nunha traxectoria impecable a nivel persoal. A través da figura de Paco queremos trasladar as novas xeracións a verdadeira motivación que esta concellaría ten de cara a promoción do deporte que son os valores cívicos e sociais que tan ben representaba".
No homenaxe tomará a palabra Jose Antonio López “ Kiko”; amigo de equipo; Suso Moreiras; expresidente do Cogal Rodeiro e María Teresa Fernández “Marité”, muller de Paco. Por último disputarase o Trofeo Paco Proas entre os equipos SD Silleda, Veteráns Pref. Faro e Cogal Rodeiro CF.
Comments